Cuña
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cuña (homónimos).
Unha cuña[1], tamén coñecida como calzo[2], forra[3] ou sofico[4], é unha ferramenta con forma triangular e unha das seis clásicas máquinas simples. Adóitase facer de madeira ou de metal e ten unha beira acabada en ángulo agudo. Pódese empregar para separar dous obxectos ou dúas partes dun obxecto, elevalo ou mantelo nun lugar.
O funcionamento da cuña responde ao mesmo principio que o do plano inclinado. Ao movela na dirección da súa beira afiada, a cuña traslada as forzas en sentido perpendicular á dirección do movemento. Estas son as forzas que se aproveitan para separar obxectos, ou para xerar fricción e manter a cuña fixa aos obxectos cos que está en contacto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cuña.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para calzo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para forra.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sofico.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cuña |