Saltar ao contido

Concello de Cerdedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Cerdedo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°32′01″N 8°23′23″O / 42.5336, -8.3898
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.781 (2016) Editar o valor en Wikidata (22,26 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie80 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Disolución22 de setembro de 2016 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porCerdedo-Cotobade Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataSilvestre José Balseiros Guinarte (2007–2016) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Cerdedo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Sitio webcerdedo.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX459575

Cerdedo foi un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. No ano 2016 fusionouse co municipio de Cotobade, dando orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1828 habitantes (2333 en 2005). Limitaba cos concellos de Forcarei, Cotobade, Campo Lameiro e A Estrada. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cerdedense.

A principios de 2016 iniciouse un proceso de fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[1] O 7 de xullo do mesmo ano os dous concellos desestimaron as alegacións sobre a fusión completando os trámites municipais.[2] A pesar dos rexeitamentos,[3][4][5][6] a fusión fíxose oficial o 18 de outubro de 2016.[7]

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación deste concello de interior sufriu un descenso acusado froito da emigración que minguou os seus habitantes en case en 4000 persoas entre 1950 e 2008.

Censo total 1.828 (2015)
Menores de 15 anos 120 (6.56 %)
Entre 15 e 64 anos 922 (50.44 %)
Maiores de 65 anos 786 (43 %)
Evolución da poboación de Concello de Cerdedo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5331 5265 5888 4251 2308 2299 2297
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias do antigo concello

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do concello de Cerdedo

Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Tomonde (Santa María)

Lugares de Cerdedo

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerdedo vexa: Lugares de Cerdedo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.