Saltar ao contido

Cefdinir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cefdinir
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Cefdinir é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. En Estados Unidos foi comercializado baixo o nome de Omnicef. Na Unión Europea non foi comercializado.

Espectro de acción

[editar | editar a fonte]

Cefdinir posúe actividade fronte a bacterias grampositivas: Staphylococcus aureus, Streptococcus pyogenes e Streptococcus pneumoniae. Tamén posúe actividade fronte a gramnegativas: Haemophilus influenzae, Haemophilus parainfluenzae e Moraxella catarrhalis. Presenta actividade in-vitro (non avaliado en estudos clínicos) fronte Staphylococcus epidermidis, Streptococcus agalactiae, Streptococcus grupo viridans, Citrobacter diversus, Escherichia coli, Klebsiella pneumoniae e Proteus mirabilis. Non posúe actividade fronte Pseudomonas nin Enterobacter[1].

Indicacións clínicas

[editar | editar a fonte]

Nos Estados Unidos está aprobado para a pneumonía comunitaria, bronquite aguda, sinusite, farinxite por S. pyogenes e infección de pel e partes brandas[2].

Dosificación

[editar | editar a fonte]

Soamente existe formulación oral. A dose habitual oscila entre 300 ou 600 miligramos ao día (nunha ou dúas tomas). A dose debe axustarse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal (filtrado menor de 30).

Embarazo e lactación

[editar | editar a fonte]

Cefdinir está na categoría B da FDA de emprego de fármacos durante o embarazo. Cefdinir non se excreta no leite materno polo que se pode empregar durante a lactación.

Interaccións

[editar | editar a fonte]

Sales de aluminio A administración conxunta de cefdinir e antiácidos baseados en sal de aluminio, reduce os niveis do antibiótico, polo que se debe separar polo menos 2 horas a toma.

Probenecid De forma semellante a outros antibióticos, probenecid dificulta a eliminación renal de cefdinir, elevando os niveis plasmáticos.

Suplementos de ferro oral A administración conxunta reduce os niveis de cefdinir. Debe separarse 2 horas a toma.

Efectos secundarios

[editar | editar a fonte]

Habitualmente de curta intensidade e duración. Destacan as molestias gastrointestinais, as náuseas e a diarrea.

  1. Gerlach EH (Agosto 1992). "Cefdinir (FK482), an orally administered cephalosporin in vitro activity comparison against recent clinical isolates from five medical centers and determination of MIC quality control guidelines.". Diagn Microbiol Infect Dis. (en inglés). 
  2. "Ficha técnica de "cefdinir" da FDA" (PDF) (en inglés). Consultado o 18 setembro 2018.