Bajo sospecha
Bajo sospecha | |
---|---|
Formato | Policíaca |
Intérpretes | Yon González Blanca Romero Lluís Homar Pedro Alonso Alicia Borrachero Armando del Río María Cotiello José Ángel Egido Gloria Muñoz Melani Olivares Vicente Romero Jordi Aguilar Georgina Amorós Pau Roca Natalia de Molina Aroa Palacios Roger Padilla Berta Castañé Manuel Regueiro David Solans |
País de orixe | España |
Episodios | 8 |
Produción | |
Duración | 90 min. aprox. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 17 de febreiro de 2015 |
Derradeiro episodio | actualidade |
Na rede | |
http://www.antena3.com/series/bajo-sospecha/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bajo sospecha é unha serie de televisión dramática española producida por Atresmedia en colaboración con Bambú Producciones para a súa emisión en Antena 3. A súa estrea foi o 17 de febreiro de 2015. Está protagonizada por Yon González, Blanca Romero e Lluís Homar.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Narra a investigación dos dous policías designados a un caso, Víctor (Yon González) e Laura (Blanca Romero), e o seu superior, o comisario Casas (Lluís Homar). O día da súa primeira comuñón, Alicia Vega, unha nena de 7 anos, desaparece sen deixar rastro. Tras dúas semanas de intensa busca, a policía só ten unha cousa en claro: o culpable é un dos convidados á cerimonia e membro da familia da nena. Os axentes Víctor e Laura fanse pasar por matrimonio e infíltranse en Cienfuegos co obxectivo de achegarse á familia Vega e ao resto de sospeitosos. Mentres eles os dous permanecen na sombra, o comisario Casas é a parte oficial da investigación e a única persoa que coñece a verdadeira identidade dos seus axentes infiltrados.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Yon González como Víctor Reyes / Víctor Lago Sánchez, policía infiltrado como camareiro no restaurante dos Vega.
- Blanca Romero como Laura Cortés / Laura González Sampietro, policia infiltrada como profesora no colexio.
- Lluís Homar como Casas, o comisario, pai de Victor.
- Pedro Alonso como Roberto Vega Sánchez, pai de Alicia.
- Alicia Borrachero como Carmen Castro, nai de Alicia.
- Armando del Río como Andrés Vega Sánchez, tío de Alicia.
- María Cotiello como Begoña Valverde, tía de Alicia.
- José Ángel Egido como Germán Vega, avó de Alicia.
- Gloria Muñoz como Pilar Sánchez, avoa de Alicia.
- Melani Olivares como Inés Vega Sánchez, tía de Alicia.
- Vicente Romero como Rafael Vidal, oficial xefe da policía de Cienfuegos.
- Jordi Aguilar como Juan Bosco, ten un atraso mental leve, é empregado do restaurante e amigo da familia Vega.
- Georgina Amorós como Emilia "Emi" Vega Castro, irmá máis vella de Alicia.
- Pau Roca como Eduardo Castro, irmán de Carmen, ten un quiosco.
- Natalia de Molina como Leticia "Leti", caixeira de supermercado, noiva de Eduardo.
- Aroa Palacios como Alicia Vega Castro, a nena desaparecida.
- Roger Padilla como Pablo Vega Castro, irmán xemelgo de Alicia.
- Berta Castañé como Nuria Vega Valverde, curmá de Alicia.
- Manuel Regueiro como Ricardo Esparza, director do colexio.
- David Solans como Óscar Vidal, noivo de Emilia.
Episódicos
[editar | editar a fonte]- Benito Sagredo como Carlos, noivo de Laura.
- Celia Freijeiro como Silvia López, profesora do colexio.
- Mariana Cordero como Doña Catalina Fernández, profesora dos nenos ata a desaparición de Alicia.