Arte pública de Barcelona
O conxunto de monumentos e esculturas ó ar libre de Barcelona constitúe unha destacada mostra de arte pública que outorga á capital catalá, en conxunción con outros elementos como a súa arquitectura, a rede de museos ou o conxunto de parques e xardíns, un inconfundíbel selo artístico, xa que a cidade condal sempre apostou pola arte e a cultura como unha das súas principais características identitarias.[1]
O patrimonio de arte pública da cidade é extenso, se ben a maioría de monumentos e o estatuario que se atopa nos lugares público data do século XIX en diante. O primeiro monumento situado na vía pública de forma expresa e por encarga municipal que se conserva é o Monumento a Santa Eulàlia, na Praza del Pedró, de 1673; outras obras anteriores consideradas de arte pública son, ora fontes, ora estatuas situadas no interior de fornelas, nas fachadas de edificios públicos, se ben en moitos casos foron encargas de carácter privado que pasaron a titularidade pública posteriormente. É preciso remarcar que até o século XIX a cidade estaba restrinxida polas súas murallas de orixe medieval, ó ter a cidade a consideración de praza militar, polo que o seu crecemento estaba limitado, e o pouco espazo dispoñible empregábase preferentmente para as actividades diarias da poboación, sen poder dedicar uns espazos axeitados para grandes monumentos.[2]
A situación mudou co derrubamento das murallas e a doazón á cidade da Fortaleza da Ciutadella, feito que favoreceu a expansión urbana polo plan adxacente, e que se vai plasmar no proxecto do Eixample elaborado por Ildefons Cerdà, que supoxo a meirande ampliación territorial que tivo a cidade. Outro aumento significativo da superficie da capital catalá foi a anexión de diversos concellos estremeiros entre finais do século XIX e comezos do XX. Todo isto supuxo a adequación dos novos espazos urbanos e un aumento das encargas artísticas municipais nas vías públicas, que foron favorecidos por diversos acontecementos celebrados na cidade, como a Exposición Universal de Barcelona de 1888 e a Internacional de 1929 ou, máis recentemente, polos Xogos Olímpicos de 1992 e o Fórum Universal das Culturas de 2004.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fabre, Huertas & Bohigas 1984, pp. 10-11.
- ↑ Subirachs i Burgaya 1986, p. 10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arte pública de Barcelona |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- DD.AA. (1997). El llibre d'or de l'art català. Barcelona: Edicions Primera Plana. ISBN 9788440685308.
- Añón Feliú, Carmen; Luengo, Mónica (2003). Jardines de España. Madrid: Lunwerg. ISBN 84-9785-006-8.
- Capó, Jaume; Catasús, Aleix (2003). Guia d'escultures de Barcelona. Barcelona: Polígrafa. ISBN 84-343-1019-8.
- Fabre, Jaume; Huertas, Josep M.; Bohigas, Pere (1984). Monuments de Barcelona. Barcelona: L'Avenç. ISBN 84-85905-21-0.
- Gabancho, Patrícia (2000). Guía. Parques y jardines de Barcelona. Barcelona: Ajuntament de Barcelona, Imatge i Producció Editorial. ISBN 84-7609-935-5.
- Garrut, Josep Maria (1976). L'Exposició Universal de Barcelona de 1888. Barcelona: Ajuntament de Barcelona, Delegació de Cultura. ISBN 84-500-1498-0.