Arandeira negra
Arandeira negra | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Vaccinium uliginosum L. |
A arandeira negra[1] Vaccinium uliginosum é unha especie de planta fanerógama pertencente á familia das ericáceas.
En Galiza aparece (Vaccinium uliginosum subsp microphyllum), ás veces difícil de diferenciar da arandeira brava (Vaccinium myrtillus).
En inglés recibe o nome de black billberry.
Hábitat
[editar | editar a fonte]É nativo das rexións temperadas do hemisferio norte, a baixa altura no Ártico, e en grandes altitudes ao sur dos Pireneos, os Alpes e o Cáucaso en Europa, as montañas de Mongolia, no norte da China central e o Xapón en Asia, e a Sierra Nevada en California e as Montañas Rochosas en Utah en América do Norte.
Medra sobre solos acedos en uceiras húmidos, páramos, tundra, e no sotobosque dos bosques de coníferas, desde o nivel do mar no Ártico, até 3400 msnm de altitude no sur da gama. En Galiza atopámola nas montañas orientais.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un gamallo caducifolio que medra decia os 10–75 cm de altura, rara vez 1 m de altura, cos talos de cor marrón (a diferenza dos talos verdes da estreitamente relacionada arandeira brava (Vaccinium myrtillus). As follas son ovaladas de 4–30 mm de longo e 2–15 mm de largo, de cor azul-verde pálido, cunha boa marxe e ápice arredondado. As flores son pendulares, en forma de urna, de cor rosa pálido e 4–6 mm de longo, producidas a mediados da primavera. O froito, o arando, é unha baga de cor azul escura-negra de 5–8 mm de diámetro, cunha polpa branca, doce e comestíbel cando está chegada a finais do verán.
Sinonimia
[editar | editar a fonte]- Myrtillus grandis Bubani
- Vaccinium gaultherioides Bigelow
- Vaccinium uliginosum subsp. microphyllum (Lange) Tolm.
- Vaccinium uliginosum var. microphyllum Lange
- Vaccinium uliginosum var. nana Boiss.
- Vaccinium occidentale Gray
- Vaccinium uliginosum subsp. alpinum (Bigelow) Hultén
- Vaccinium uliginosum var. alpinum Bigelow
- Vaccinium uliginosum subsp. gaultherioides (Bigelow) S.B.Young
- Vaccinium uliginosum var. occidentale (Gray) Hara
- Vaccinium uliginosum subsp. occidentale (Gray) Hultén
- Vaccinium uliginosum subsp. pedris (Harshb.) S.B.Young
- Vaccinium uliginosum subsp. pubescens (Wormsk. ex Hornem.) S.B. Young
- Vaccinium uliginosum var. salicinum (Cham.) Hultén[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ Sinónimos en Catalogue of life
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arandeira negra |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Arandeira negra |