Asubiador americano
Asubiador americano | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Anas americana' Gmelin, 1789 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Mareca americana |
O asubiador americano (Anas americana) é un parrulo amplamente distribuído polas zonas húmidas de Norteamérica.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son patos de entre 45 e 56 cm de lonxitude. Durante a época reprodutora amosa un forte dimorfismo sexual. Os machos teñen o papo rosado e a parte posterior do corpo negra. O espello das ás, ben visible cando voan e cando están pousados, é branco. Teñen a cabeza agrisada cunha banda verde por detrás dos ollos e outra branca na coroa. Fóra da estación de cría, os machos imitan moito ás femias. Estas son castañas claras, moi semellantes en coloración ás femias do asubiador euroasiático e as do lavanco. Desta última especie e dos outros anátidos, agás o asubiador, distínguense pola forma do corpo. As femias do asubiador teñen a cabeza máis escura e a parte inferior das ás máis gris.
Distribución
[editar | editar a fonte]Os asubiadores americanos crían no Canadá, en Saskatchewan, Alberta e Manitoba, e nos Territorios do Noroeste, tamén en Alasca e nos Grandes Lagos.
Son aves migratorias, que pasan o inverno en Texas, Luisiana e na costa do golfo de México. Aparecen de xeito regular, aínda que en pequeno número na Europa occidental.
Conduta
[editar | editar a fonte]Fóra da época de cría son aves moi gregarias, que forman grandes bandadas. Son moi ruidosos: a chamada típica do macho é un asubío trisílabo, mentres que as femias emiten un gruñido baixo. Viven en áreas húmida abertas, con algunha vexetación alta. Aliméntanse de plantas, que pacen ou arrincan dentro da auga. Fan os niños no chan, preto da auga, agachados debaixo da vexetación. Poñen de 6 a 12 ovos da cor da crema.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asubiador americano |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- American Wigeon Information - Cornell Lab of Ornithology (en inglés)
- American Wigeon - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter (inglés)
- American Wigeon Information - South Dakota Birds and Birding (inglés)
- Videos en Internet Bird Collection (inglés)
- ↑ BirdLife International (2012). "Anas americana". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.