Aligátor do Mississippi
Aligátor do Mississippi | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aligátor americano no zoo de Columbus | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Área de distribución da especie
|
O aligátor[1] do Mississippi[2] (Alligator mississippiensis) é unha especie de réptil crocodilio que se encontra exclusivamente na rexión sueste dos Estados Unidos, xunto aos regatos e pantanos.
Características
[editar | editar a fonte]É a maior especie do xénero Alligator, e de feito é un dos crocodilios máis grandes de América, alcanzando un máximo de 6 metros de longo,[3] aínda que debido á desaparición de grandes animais da zona por causas antrópicas, hoxe en día, os machos oscilan entre 4 e 4,5 m e as femias chegan aos 3 m.[4][5] O seu peso oscila entre os 70 kg das femias e os máis de 450 kg dos machos.[6]
Taxonomía e filoxenia
[editar | editar a fonte]Este crocodilio americano foi clasificado por primeira vez polo zoólogo francés François Marie Daudin como Crocodilus mississipiensis en 1801. En 1807 Georges Cuvier creou o xénero Alligator;[7] que comparte co Alligator sinensis. Ambos agrúpanse na familia Alligatoridae, xunto cos caimáns. A superfamilia Alligatoroidea inclúe tódolos crocodilos (fósiles e existentes) que están máis estreitamente relacionados co crocodilo americano que co crocodilo do Nilo ou co gavial.[8][Cómpre clarificar]
Os membros desta superfamilia xurdiron por primeira vez no Cretáceo tardío. O Leidyosuchus de Alberta é o xénero máis antigo coñecido. O crocodilo americano moderno está representado no rexistro fósil do Plistoceno.
Distribución
[editar | editar a fonte]Distribúese polos ríos, pantanos e marismas do sur dos Estados Unidos, desde Carolina do Norte ata o sur de Texas, lindando coa fronteira mexicana chegando ata o estado de Tamaulipas. A persecución humana de que foi obxecto noutro tempo fíxoo desaparecer de moitas zonas, e neste momento só abunda realmente no estado de Florida e en menor medida na desembocadura do río Mississippi. É unha especie protexida nos Estados Unidos, e moitos dos parques nacionais de Florida creáronse no seu momento co fin de preservar as súas zonas de caza e cría.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Detalle da cabeza dun (A. mississippiensis).
-
Crías saíndo do ovo.
-
Cría nadando.
-
Devorando un cangrexo azul.
-
Detalle das súas extremidades.
-
Unha sección da cola.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de aligátor no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Forma recomendada polo SNL da USC a partir da proposta do Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. [1]
- ↑ "Everglades National Park article on the American Alligator". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2006. Consultado o 18 de xuño de 2016.
- ↑ Crocodile Species - American Alligator
- ↑ ADW: Alligator mississippiensis: Information
- ↑ American alligator
- ↑ url=http://www.itis.gov/servlet/SingleRpt/SingleRpt?search_topic=TSN&search_value=174366#
- ↑ Brochu, Christopher A. (2003). "Phylogenetic approaches toward crocodylian history" (PDF). Annual Review of Earth and Planetary Sciences 31: 357–97. doi:10.1146/annurev.earth.31.100901.141308.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aligátor do Mississippi |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aligátor do Mississippi |