Óscar González (piloto)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Óscar Mario González 10 de novembro de 1923 Montevideo, Uruguai |
Morte | 5 de novembro de 2006 (82 anos) Montevideo, Uruguai |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Óscar Mario "Bocha" González, nado en Montevideo o 10 de novembro de 1923 e finado na mesma cidade o 5 de novembro de 2006[1], foi un piloto de carreiras uruguaio. González participou nun Gran Premio de Fórmula Un, o Gran Premio da Arxentina de 1956 o 22 de xaneiro de 1956, terminando en sexto lugar nunha unidade compartida co seu compatriota Alberto Uria. Non anotou puntos para o campionato.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Óscar Mário González, máis coñecido como "Bocha" ou "Bochita", era un apaixonado do automobilismo e un gran amigo dos pilotos arxentinos Juan Manuel Fangio e José Froilán González. Alén de vencer diversas probas na América do Sur, entre elas a 1ª Copa 19 Capitais, en 1968, tivo destacadas participacións no Torneo Triangular Sulamericano, disputado entre 1958 e 1961, con probas na Arxentina, no Brasil e no Uruguai. En 1956, compartiu con Alberto Uria o volante dun Maserati 250F inscrito no Gran Premio da Arxentina de Fórmula 1, cualificaron no 13º posto e chegaron sextos, dez voltas atrás dos líderes. Posteriormente, tamén foi piloto oficial de Renault nas probas de turismo na Arxentina, xunto a Gastón Perkins, Carlos Guimarey e Juan Pedro García.
González faleceu en 5 de novembro de 2006 e, na súa homenaxe, a Asociación Uruguaia de Pilotos (Asociación Uruguaya de Volantes) nomeou o Gran Premio de Piriápolis daquel ano Gran Premio Óscar Mário González.
Resultado completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1956 | Alberto Uria | Maserati A6GCM/250F | Maserati 6 en liña |
ARX 6* |
MON | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | NC | 0 |
- * Indica unidade compartida con Alberto Uria
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Falleció a los 82 años el "Bocha" González Arquivado 21 de setembro de 2015 en Wayback Machine., artigo en Autonoticias (en castelán)