Universidade Pompeu Fabra
Universitat Pompeu Fabra | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Barcelona |
Datos actuais | |
Reitor | Jaume Casals |
Datos de contacto | |
Enderezo | Barcelona, Cataluña |
Páxina web | http://www.upf.edu/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Pompeu Fabra (UPF) é unha universidade pública catalá situada en Barcelona. Academicamente trátase dunha das universidades máis prestixiosas de España así como tamén a nivel europeo, quedando en primeiro lugar na clasificación estatal de produtividade científica no ano 2009.[Cómpre referencia] O seu nome rende homenaxe a Pompeu Fabra, lingüista catalán e autor do dicionario que leva o seu nome.
Centros docentes
[editar | editar a fonte]A Universidade conta con sete facultades:
- Humanidades
- Ciencias da Saúde e da Vida
- Ciencias Económicas e Empresariais
- Ciencias Políticas e Sociais
- Comunicación
- Dereito
- Tradución e Interpretación
Ademais conta cunha escola superior politécnica, oito departamentos (Economía e Empresa, Dereito, Ciencias Políticas e Sociais, Humanidades, Ciencias Experimentais e da Saúde, Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, Comunicación, Tradución, Ciencias da Linguaxe), catro institutos universitarios de investigación (Instituto Universitario de Cultura, Instituto Universitario de Historia Jaume Vicens Vives, Instituto Universitario de Lingüística Aplicada, Instituto Universitario do Audiovisual), dúas plataformas interuniversitarias de posgrao (Instituto Barcelona de Estudos Internacionais -IBEI- e Barcelona Graduate School of Economics -Barcelona GSE-), e un instituto de educación continua propio (IDEC).
Centros adscritos
[editar | editar a fonte]- Escola Superior de Comercio Internacional -ESCI-
- Elisava Escola Superior de Deseño
- Escola Universitaria do Maresme -EUM-
- Escola Universitaria de Enfermería do Mar -EUIM-
- Escola Superior de Ciencias da Saúde -ESCS-
Titulacións
[editar | editar a fonte]Actualmente, pódense cursar 19 titulacións de grao, 37 másteres oficiais e 9 programas de doutoramento, así como preto de sesenta programas de máster propios.
Campus
[editar | editar a fonte]A UPF estrutura os seus estudos ao redor de tres campus e tres ámbitos de coñecemento:
- Ciencias sociais e humanas (campus da Ciutadella);
- Ciencias e tecnoloxías da información e a comunicación (campus da Comunicación - Poblenou)
- Ciencias biomédicas (campus do Mar).