Saltar ao contido

Robert Wise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Wise

(1990) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert Earl Wise Editar o valor en Wikidata
10 de setembro de 1914 Editar o valor en Wikidata
Winchester, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 2005 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
EducaciónFranklin College (en) Traducir
Connersville High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, sindicalista, realizador, montador, produtor de cinema, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1942 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0936404 Allocine: 858 Rottentomatoes: celebrity/robert_wise_2 Allmovie: p117119 TCM: 208174 IBDB: 482171
BNE: XX1068112 Musicbrainz: 65ffb9c5-fe07-4032-83a7-7c4014ee7a40 Discogs: 319164 WikiTree: Wise-8518 Find a Grave: 11750517 Editar o valor en Wikidata

Robert Earl Wise, nado en Winchester (Indiana) o 10 de setembro de 1914 e finado nos Ánxeles (California) o 14 de setembro de 2005, foi un director de cinema, produtor e montador estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cando era mozo, o principal pasatempo de Wise era ir ao cine e xa no instituto comezou a escribir artigos para o xornal estudantil. A súa carreira cinematográfica comezou como montador de son e música para a RKO, aínda que axiña se interesou máis pola montaxe. Nesta tarefa chegou a conseguir unha candidatura ao oscar á mellor montaxe por Cidadán Kane.

A súa primeira película coma director foi substituíndo o director orixinal dun filme de terror, A maldición da muller pantera, en 1944. Nos anos cincuenta moveuse por diferentes xéneros, incluíndo a ciencia ficción en The Day the Earth Stood Still o melodrama en So Big, ou o cine épico de Helen of Troy. Nos sesenta dirixiu dúas películas baseadas en musicais que lle deron o oscar ao mellor director: West Side Story e Sorrisos e lágrimas, a primeira codirixida con Jerome Robbins. Seguiu dirixindo películas para cine e televisión ata os 86 anos e ata pouco tempo antes da súa morte tamén participou nas edicións para DVD dos seus filmes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]