Pedro Rielo
Pedro Rielo na Festa da malla de Doade en 2015. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1972 (52 anos) Pontevedra, España |
Educación | IES Sánchez Cantón Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista |
Familia | |
Nai | Paz Lamela Vilariño |
Premios | |
Pedro Rielo Lamela, nado en Pontevedra o 3 de decembro de 1972, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no IES Sánchez Cantón e licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, realizou estudos de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela.
Como xornalista ten colaborado, entre outros medios, no Diario de Pontevedra, El Progreso, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, O Correo Galego, Antena 3 TV e Galicia Hoxe.
Como escritor colaborou con poemas en revistas como Dorna, Microfisuras, Bravú e Barataria.
É empregado de Servicios Audiovisuales Overon e dende o 17 de setembro de 2012 é xornalista de directos para os programas informativos da Televisión de Galicia como os Telexornal, A Revista e o Bos Días.
Pedro Rielo é fillo de Paz Lamela Vilariño e sobriño dos cregos escritores Isaac Rielo Carballo e Nicanor Rielo Carballo.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Illado na incerteza, 2002, Espiral Maior.
- As palabras furtivas, 2006, Espiral Maior.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Detrás dos perdidos (2019). Ed. Embora. Col. O Globo. 272 páxs. ISBN 978-84-17824-07-5.[1]
Ensaio
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]- Outubro de 2018: III Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta coa obra Detrás dos perdidos[2].
- Novembro de 2020: premio Reimóndez Portela. O xurado valorou os seus artigos sobre a lingua, o maltrato e a natureza no Diario de Pontevedra.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xolda.com. "Edicións Embora - Título Detrás dos perdidos". www.edicionsembora.es. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "O xornalista Pedro Rielo gaña o III Neira Vilas de Novela Curta". Faro de Vigo. Consultado o 01/11/2018.
- ↑ Rendueles, María. "Rielo gaña o premio Reimóndez Portela". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2020-11-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do autor en Cultura Galega.