Luis Sorela Carcaño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1784 Ilha de León, España (pt) |
Morte | 31 de outubro de 1847 (63 anos) Madrid, España |
Ministro de Facenda | |
30 de xaneiro de 1822 – 28 de febreiro de 1822 ← Luís López Ballesteros – Felipe Sierra Pambley → | |
Ministro de Facenda | |
11 de xaneiro de 1822 – 24 de xaneiro de 1822 ← José Imaz Baquedano – Luís López Ballesteros → | |
Ministro de Facenda | |
2 de marzo de 1821 – 4 de marzo de 1821 ← José Canga Argüelles – Antoni Barata i Matas (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Sevilla |
Actividade | |
Ocupación | político |
Luis Sorela Carcaño, nado na Illa de León, en San Fernando (Cádiz), o 18 de xuño de 1784, e finado en Madrid , o 31 de outubro de 1847,[1] foi un facendista e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de español e italiana; o apelido da súa nai era Calcagno. Estudou na Universidade de Sevilla[2] e comezou posteriormente unha brillante carreira administrativa, posto que foi director das Bulas e Penas de Cámara e do Dereito do Rexistro, director xeral de Débeda Pública e presidente do Consello de Liquidación da Débeda do Estado.
Durante o Trienio liberal, ocupou o lugar de secretario de Estado e do despacho de Facenda, como interino entre os días 2 e 4 de marzo, de 1821, entre o 11 e o 24 de xaneiro de 1822, e entre o 30 de xaneiro a 28 de febreiro de 1822.[3]
O 11 de outubro de 1817 casou con María Joaquina Mauri Salva, coa que tivo un fillo, Luis.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Luis Sorela Carcaño". geneanet.org. Consultado o 11-02-2018.
- ↑ "Unidad documental compuesta Libro 729, fol. 253-268 - Informaciones de legitimidad y limpieza de sangre de Luis Sorela Carcaño, para la obtención del grado de Licenciado y Maestro en Filosofía en la Universidad de Sevilla". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ "Gobernos de Fernando VII". Humanidades CSIC. Arquivado dende o orixinal o 09-02-2019. Consultado o 11-02-2018.