Saltar ao contido

Raquel del Rosario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRaquel del Rosario

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Raquel del Rosario Macías Editar o valor en Wikidata
3 de novembro de 1982 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Teror, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositora, compositora de cancións Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPop rock, Música celta e música pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz e guitarra clásica Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFernando Alonso (2006–2011) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1999633 Facebook: raqueldelrosarioofficial Twitter: raqueldlrosario Instagram: raqueldelrosario BNE: XX4420524 Musicbrainz: 94307115-b5cc-4c9d-963c-d9760a1621e3 Songkick: 3807181 Discogs: 2130793 Editar o valor en Wikidata

Raquel del Rosario Macías, nada en Teror (Gran Canaria) o 3 de novembro de 1982, é unha cantante española, vocalista do grupo de pop El Sueño de Morfeo entre 2002 e 2013.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Raquel é a segunda filla de seis irmáns. Aos 14 anos de idade empezou a escribir as súas propias cancións. Aos 17 anos de idade coñeceu a David Feito, membro actual de El Sueño de Morfeo no Colexio Internacional Meres, que naqueles momentos tocaba nun grupo de música celta en Asturias. En 2000, Raquel abandonou a súa Gran Canaria natal e marchou para Asturias con David, uníndose ao seu grupo, Xemá. Pouco tempo despois, Raquel e David coñeceron a Juan Luis Suárez, con quen crearon El Sueño de Morfeo.

Como parte da campaña de mercadotecnia do primeiro disco do grupo, Raquel participou como actriz en tres capítulos da serie española Los Serrano.[1] O seu primeiro sinxelo foi "Nunca volverá". Fóra do seu grupo realizou un dueto en 2006 con Diego Martín no sinxelo "Déjame verte". Tamén realizou un dueto co cantante Nek coa canción "Para ti sería". Posteriormente realizou de novo outro dueto coa canción "Chocar", pertencente ao segundo álbum de estudio de El Sueño de Morfeo, titulado Nos vemos en el camino.

Raquel foi a voz de Barbie no filme Barbie e o castelo de diamantes, na que tamén interpretou Conectas, o tema principal do filme.[2]

Posteriormente saíu ao mercado o terceiro álbum do grupo, Cosas que nos hacen sentir bien. Realizou unha colaboración co guitarrista do grupo mexicano Maná, Sergio Vallin, presentando o seu primeiro álbum en solitario co sinxelo "Sólo tú". En febreiro de 2011 participou no Festival da Canción de San Remo, en Italia, cunha balada titulada "Fino in fondo" xunto co cantautor italiano Luca Barbarossa, autor da letra e da música; nesta ocasión, por primeira vez Raquel cantou en italiano.[3] En 2012, xunto con El Sueño de Morfeo, sacaron o cuarto disco, titulado Buscamos sonrisas.

Raquel representará co seu grupo El Sueño de Morfeo a España no Festival de Eurovisión 2013, que se celebrara en Malmö (Suecia) os días 14, 16 e 18 de maio de 2013.[4]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

En 2005 a cantante comezou unha relación sentimental con Fernando Alonso, piloto asturiano de Fórmula 1, logo de coñecerse nunha homenaxe que realizou Cadena SER xunto con centos de fans de Fernando en Madrid, na que a banda interpretou algunhas cancións do seu primeiro álbum. O ano seguinte contraeron matrimonio e procuraron manterse, desde entón, lonxe da prensa. O 20 de decembro de 2011 anunciaron a separación do matrimonio de mutuo acordo mediante un comunicado nas súas webs oficiais.[5]

En 2013 casou co cineasta galego Pedro Castro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]