Saltar ao contido

Trece badaladas (filme)

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trece badaladas
Ficha técnica
Título orixinalTrece campanadas
DirectorXavier Villaverde
ProdutorPancho Casal
Gerardo Herrero
Tedy Villalba
Julio Fernández
José Maceda
GuiónCurro Royo
Juan Vicente Pozuelo
Xavier Villaverde
Baseado enTrece badaladas de Suso de Toro
IntérpretesJuan Diego Botto
Luís Tosar
Marta Etura
MúsicaJavier Navarrete
FotografíaJavier Salmones
MontaxeCarmen Frías
EstudioTornasol Films
Continental
Castelao Productions
Ensueño
DistribuidoraBaños Films
Biblos Clube de Lectores
Filmax
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
La Voz de Galicia
Estrea2002
Duración106 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroSuspense
Orzamento3.000.000 €
Recadación611.971 €[1]
Na rede
IMDB: tt0351867 Filmaffinity: 872963 Allocine: 52104 Editar o valor en Wikidata

Trece badaladas (en castelán: Trece campanadas) é un filme galego dirixido por Xavier Villaverde que se estreou no 2002 e foi rodado orixinalmente en lingua castelá. Está libremente baseado na novela Trece badaladas de Suso de Toro. Editada en DVD en 2003 co son en galego.

Xacobe, un mozo escultor, volta a Santiago de Compostela -a súa cidade natal- despois de quince anos de ausencia. A razón do seu regreso é o descubrimento de que súa nai, a quen cría morta, está en realidade doente e internada nun psiquiátrico. Pero esta volta vaino obrigar a se enfrontar a un suceso do que leva media vida fuxindo. O encontro co seu pasado levarao ó centro dun pesadelo sen saída, no que descubrirá algo terrible: El é a peza fundamental nun labiríntico plan.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Receptor Resultado
2ª edición Mellor filme Xavier Villaverde Gañador
Mellor director Xavier Villaverde Nomeado
Mellor actor Luís Tosar Gañador
Mellor actriz secundaria Rosa Álvarez Nomeado
Mellor guión Xavier Villaverde Nomeado
  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de O que arde". Consultado o 17 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • González Herrán, José Manuel e Tarrío Varela, Anxo (2002). “Encontro en Compostela con Xabier Villaverde e Suso de Toro”, Boletín Galego de Literatura, 27, 237-261.
  • López López, Yolanda (2003). “Trece badaladas: falseando as pedras de Compostela baixo a chuvia”, Madrygal, 6, 69-73.
  • Royo, Curro, Pozuelo, Juan Vicente & Villaverde, Xavier (2003). Trece campanadas: Guión cinema- tográfico. Madrid: Ocho y Medio.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]