Saltar ao contido

Luis Sorela Carcaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Sorela Carcaño
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1784 Editar o valor en Wikidata
Ilha de León, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de outubro de 1847 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Ministro de Facenda
30 de xaneiro de 1822 – 28 de febreiro de 1822
← Luís López BallesterosFelipe Sierra Pambley →
Ministro de Facenda
11 de xaneiro de 1822 – 24 de xaneiro de 1822
← José Imaz BaquedanoLuís López Ballesteros →
Ministro de Facenda
2 de marzo de 1821 – 4 de marzo de 1821
← José Canga ArgüellesAntoni Barata i Matas (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Sevilla Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Luis Sorela Carcaño, nado na Illa de León, en San Fernando (Cádiz), o 18 de xuño de 1784, e finado en Madrid , o 31 de outubro de 1847,[1] foi un facendista e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de español e italiana; o apelido da súa nai era Calcagno. Estudou na Universidade de Sevilla[2] e comezou posteriormente unha brillante carreira administrativa, posto que foi director das Bulas e Penas de Cámara e do Dereito do Rexistro, director xeral de Débeda Pública e presidente do Consello de Liquidación da Débeda do Estado.

Durante o Trienio liberal, ocupou o lugar de secretario de Estado e do despacho de Facenda, como interino entre os días 2 e 4 de marzo, de 1821, entre o 11 e o 24 de xaneiro de 1822, e entre o 30 de xaneiro a 28 de febreiro de 1822.[3]

O 11 de outubro de 1817 casou con María Joaquina Mauri Salva, coa que tivo un fillo, Luis.[1]

  1. 1,0 1,1 "Luis Sorela Carcaño". geneanet.org. Consultado o 11-02-2018. 
  2. "Unidad documental compuesta Libro 729, fol. 253-268 - Informaciones de legitimidad y limpieza de sangre de Luis Sorela Carcaño, para la obtención del grado de Licenciado y Maestro en Filosofía en la Universidad de Sevilla". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  3. "Gobernos de Fernando VII". Humanidades CSIC. Arquivado dende o orixinal o 09-02-2019. Consultado o 11-02-2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]