Saltar ao contido

Tatum O'Neal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTatum O'Neal

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Tatum Beatrice O'Neal Editar o valor en Wikidata
5 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
EducaciónHollywood Professional School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de cinema, actriz, actriz de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeJohn McEnroe (1986–1994) Editar o valor en Wikidata
FillosEmily McEnroe, Sean McEnroe, Kevin John McEnroe Editar o valor en Wikidata
PaisRyan O'Neal Editar o valor en Wikidata  e Joanna Moore Editar o valor en Wikidata
IrmánsGriffin O'Neal
Patrick O'Neal Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0001575 Allocine: 25200 Rottentomatoes: celebrity/tatum_oneal Allmovie: p53569 TCM: 143564 TV.com: people/tatum-oneal BNE: XX1541611 WikiTree: O'Neal-563 Editar o valor en Wikidata

Tatum Beatrice O'Neal, nada nos Ánxeles o 5 de novembro de 1963,[1] é unha actriz e escritora estadounidense. É a persoa máis nova que gañou un Oscar nunha categoría competitiva, ao gañar con dez anos o Oscar á mellor actriz secundaria por Lúa de papel, protagonizada polo seu pai, Ryan O'Neal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O’Neal naceu nos Ánxeles, filla dos actores Ryan O'Neal (1941–) e Joanna Moore (1934–1997), cos que apareceu en varios filmes e programas de televisión. O seu irmán Griffin naceu en 1964 e en 1967 divorciáronse os seus pais. Tatum ten outros dous medio irmáns.

En 1974,[2] aos dez anos, Tatum O’Neal gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación en Lúa de papel, estreada en maio de 1973,[3] e converteuse na persoa máis nova en gañar un Oscar en categoría competitiva.[4] Tamén apareceu despois en filmes coma International Velvet (1978) con Christopher Plummer e Anthony Hopkins ou Nickelodeon (1976) de novo co seu pai.

Entre 1984 e 1999 só apareceu en cinco filmes. A partir dos principios da década do 2000 comezou a actuar de novo, aparecendo en series de televisión como Sex and the City e 8 Simple Rules for Dating My Teenage Daughter. En 2006 participou na segunda temporada do reality show Dancing with the Stars.

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Un dos primeiros noivos públicos de O’Neal foi Michael Jackson, con quen saíu na década de 1970.

En 1984 comezou unha relación co tenista John McEnroe, co que casou en 1986.[4][5] Separáronse en 1992. Tralo divorcio, en 1994, O’Neal volveu a ter problemas coas drogas e fíxose adicta á heroína. Como resultado, McEnroe logrou a custodia dos tres fillos en 1998.[6]

O 1 de xuño de 2008 foi arrestada por comprar crack preto do seu piso en Manhattan.[7] Cando a policía foi buscala atopou outras dúas bolsas con drogas.[7] Foi acusada dun delito menor e liberada sen fianza.

En 2011 Tatum e o seu pai reiniciaron a súa rota relación pai-filla tras vinte e cinco anos. A reunión e reconciliación foi recollida na serie Ryan and Tatum: The O'Neals.[8]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1973 Lúa de papel Addie Loggins
1976 The Bad News Bears Amanda Whurlitzer
Nickelodeon Alice Forsyte
1978 International Velvet Sarah Brown
1980 Circle of Two Sarah Norton
Little Darlings Ferris Whitney
1981 Prisoners Christie Sen estrear
1985 Certain Fury Scarlet
1992 Little Noises Stella
1996 Basquiat Cynthia Kruger
2002 The Scoundrel's Wife Camille Picou Título de vídeo: The Home Front
2003 The Technical Writer Slim
2006 My Brother Erica
2008 Saving Grace B. Jones Grace B. Jones
Fab Five: The Texas Cheerleader Scandal Lorene Tippit
2010 The Runaways Marie Harmon
Last Will Hayden Emery
Sweet Lorraine Lorraine Bebee
Mr. Sophistication Kim Waters
2015 She's Funny That Way

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1984 Faerie Tale Theatre Goldilocks "Goldilocks and the Three Bears"
1989 CBS Schoolbreak Special Kim "15 and Getting Straight"
1993 Woman on the Run: The Lawrencia Bembenek Story Lawrencia Bembenek
2003 Sex and the City Kyra "A Woman's Right to Shoes"
2004 8 Simple Rules Ms. McKenna "Opposites Attract: Part 3: Night of the Locust"
Law and Order: Criminal Intent Kelly Garnett "Semi-Detached"
2005 Ultimate Film Fanatic Xuíz
2005–2011 Rescue Me Maggie
2006 Dancing with the Stars Ela mesma 5 episodios
Wicked Wicked Games Blythe Hunter 51 episodios
2011 Ryan and Tatum: The O'Neals Ela mesma
2015 Hell’s Kitchen Ela mesma Episodio 13
  1. "Tatum O'Neal Biography (1963-)". FilmReference.com. Consultado o 27 de maio de 2015. 
  2. "The 46th Academy Awards: 1974". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2015. Consultado o 27 de maio de 2015. 
  3. Scott, Vernon (22 de maio de 1973). "Tatum is a natural star". Montreal Gazette. UPI. p. 24. 
  4. 4,0 4,1 "Tatum O'Neal Biography: Actress (1963–)". Biography.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2015. Consultado o 27 de maio de 2015. Tatum O'Neal became the youngest winner of a competitive Academy Award in 1974, at age 10, receiving the best supporting actress honor for her work in 1973's Paper Moon. 
  5. "John McEnroe discusses Tatum O'Neal in memoir". CNN. 5 de xuño de 2002. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2011. Consultado o 8 de outubro de 2012. 
  6. Phillips, Stone (15 de outubro de 2004). "Tatum O'Neal Shares Survival Story: Part 2". Dateline NBC. Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Alison Gendar; Bill Hutchinson (2 de xuño de 2008). "Tatum O'Neal in crack bust". Daily News (Nova York). Arquivado dende o orixinal o 03/08/2009. Consultado o 17 de decembro de 2008. 
  8. "'Ryan & Tatum' review: Estranged father and daughter actors reconnect on their OWN show". Daily News (Nova York). 18 de xuño de 2011. Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]