Estación de Bakú
Estación de Bakú | |
---|---|
Entrada principal da estación | |
Situación | Bakú |
Servizos | Ferrocarrís de Acerbaixán |
Liñas | |
Alta velocidade | Non |
Longa Distancia | Si |
Media distancia | Si |
Intermodalidade | |
Metro | Metro de Bakú Liña 1 |
Bus | Autobús de Bakú |
Outros | Ferrocarril suburbano circular de Bakú |
A Estación de Bakú (azarí: Bakı Dəmir Yolu Vağzalı) é a principal estación de ferrocarril da cidade de Bakú, a capital de Acerbaixán. É a estación de ferrocarril máis grande e transitada do país. Dela parten a maioría de liñas férreas que vertebran o país. Tamén é a terminal do ferrocarril suburbano circular de Bakú. A terminal está conectada coa rede de metro de Bakú a través da estación de 28 de Maio.
A estación foi construída en 1880 coa construción da liña ferroviaria Bakú-Sabunçu-Surakhani e estaba destinada ao transporte de pasaxeiros.[1][2] O primeiro edificio da estación (chamado Tbilisi) foi construído na inauguración do ferrocarril Bakú-Tbilisi, o segundo (Sabunçu) para a construción do ferrocarril electrificado Bakú-Sabunçu-Surakhani.[3][4]
Servizos
[editar | editar a fonte]N.º de tren | Percorrido | N.º de tren | Percorrido |
---|---|---|---|
37 | Bakú — Tbilisi | 38 | Tbilisi — Bakú |
55 | Bakú — Moscova | 56 | Moscova — Bakú |
95 | Bakú — Moscova | 96 | Moscova — Bakú |
369 | Bakú — Khárkiv | 370 | Khárkiv — Bakú |
373 | Bakú — Tyumen | 374 | Tyumen — Bakú |
391 | Bakú — Rostov | 392 | Rostov — Bakú |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Стальной магистрали Азербайджана 100 лет» З. А. Зейналов, Баку, 1980 (en ruso)
- ↑ "Баку-Пассажи��ская" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 2019-09-05. Consultado o 2019-09-06.
- ↑ Железнодорожные станции СССР. Справочник. — М.: Транспорт, 1981 (en ruso)
- ↑ "Бакинский железнодорожный вокзал - Тифлисский вокзал (Баку)" (en ruso). Ourbaku.com. 2016. Consultado o 2021-10-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Bakú |