Bennu
Aparencia
O paxaro bennu é unha símbolo da relixión exipcia antiga. É unha das figuras que confluíu na tradición grecorromana da Ave Fénix.[1]
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo a relixión exipcia, o deus creador Atón tomou a forma dun bennu para se pousar no outeiro primixenio, no momento da creación do mundo. Desta maneira, o bennu estaba asociado aos mitos de creación e renovación.
Cando Aton foi asociado a Ra, o paxaro bennu pasou a considerarse o ba (a forza vital ou a alma na relixión exipcia) de Aton-Ra.
Iconografía
[editar | editar a fonte]O bennu ten o aspecto dunha garza real. Na escritura xeroglífica o bennu represéntase cun debuxo deste animal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hart, George, The Routledge Dictionary of Egyptian Gods and Goddesses, Second Edition, 2005. pp. 48–49
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bennu |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Before the Emirates: an Archaeological and Historical Account of Developments in the Region c. 5000 BC to 676 AD, Daniel T. Potts.
- Fénix, Egiptología.org La Tierra de los Faraones.
- Gran Diccionario de Mitología Egipcia, Elisa Castel.
- Labrique, Françoise (2013). "Le regard d’Hérodote sur le phénix (II, 73)". En Coulon, Laurent; Giovannelli-Jouanna, Pascale; Kimmel-Clauzet, Flore. Regards croisés sur le Livre II de l’Enquête d’Hérodote. Actes de la journée d’étude organisée à la Maison de l’Orient et de la Méditerranée – Lyon, le 10 mai 2010 (en francés). Maison de l’Orient et de la Méditerranée. ISBN 978-2-35668-037-2.