Saltar ao contido

Tricosurinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tricosurinos
Trichosurini

Trichosurus vulpecula
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Diprotodontia
Suborde: Phalangeriformes
Familia: Phalangeridae
Subfamilia: Phalangerinae
Tribo: Trichosurini
Flynn, 1911
Xéneros e Especies
Véxase o texto

A dos tricosurinos (Trichosurini) é unha tribo de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos e familia dos falanxéridos, unha das dúas en que se divide a subfamilia dos falanxerinos.[1]

Comprende un total de 8 especies, subdivididas en tres xéneros, Strigocuscus, Trichosurus e Wyulda,[1] coñecidas na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de cuscús e pósums.

Características

[editar | editar a fonte]

Os tricosurinos teñen un tamaño comprendido entre o das ratas e os raposos (lonxitude de cabeza e tronco, entre os 32 e os 58 cm, lonxitude da cola, entre os 24 e os 38 cm). Teñen as orellas de tamaño mediano, triangulares, sen pelo, e repregábeis sobre si mesmas. A pelaxe é suave e densa, de cores moi variadas. A cola, sen pelo na parte inferior, é prénsil.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A tribo foi descrita en 1911 polo biólogo australiano Theodore Thomson Flynn en Papers and Proceedings Roy. Soc. Tasmania, 1911: 120.[1]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]
Nome científico

O nome científico Trichosurini está formado, segundo a norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Trichosurus, coa adición da desinencia do latín científico -ini, propia dos nomes das subfamilias de animais.

Nomes vulgares

Pare ver a etimoloxía de cuscús, vexase Phalanger#Etimoloxías.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A tribo comprende os xéneros e as especies seguintes:[1]

Tribo Trichosurini Flynn, 1911 [1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]