Saltar ao contido

PanAmSat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

PanAmSat é unha compañía e unha serie de satélites de comunicacións privados.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Os satélites PanAmSat eran propiedade da empresa Pan American Satellite, fundada en 1984. A empresa fusionouse en 1996 con Hughes Galaxy.[1]

PanAmSat 1

[editar | editar a fonte]

PanAmSat 1 foi o primeiro satélite de comunicacións internacional completamente privado. Foi construído inicialmente para a empresa Contel e nomeado como ASC 3, pero foi comprado por PanAmSat antes do seu lanzamento, o 15 de xuño de 1988 mediante un foguete Ariane 4. O satélite usaba foi construído co bus AS-3000 e tiña unha masa de 1220 kg. Estabilizábase nos tres eixos e levaba a bordo 12 transpondedores en banda C e 6 en banda Ku.[2]

PanAmSat 1R

[editar | editar a fonte]

PanAmSat 1R foi encargado en agosto de 1997. Levaba 36 transpondedores en banda C e 36 en banda Ku. Tiña unha masa de 4972 e usaba o bus BSS-702. Foi lanzado para substituír a PanAmSar 1 o 16 de novembro de 2000 mediante un Ariane 5. Foi máis tarde renomeado a Intelsar 1R.[3]

PanAmSat 2, 3, 3R e 4

[editar | editar a fonte]

En novembro de 1991 PanAmSat encargou tres satélites adicionais usando o bus HS-601. En agosto de 1993 encargou un satélite adicional de substitución. Foron lanzados entre 1994 e 1996 mediante foguetes Ariane 4, co PanAmSat 3 fallando en chegar a órbita por un fallo do foguete e sendo substituído por PanAmSat 3R. Os satélites tiñan unha masa de 2920 kg e levaban 20 transpondedores en banda C e 20 en banda Ku (30 no caso de PanAmSat 4). Foron renomeados posteriormente a Intelsat 2, Intelsat 3R e Intelsat 4[4]

PanAmSat 5

[editar | editar a fonte]

O quinto satélite PanAmSat usaba o bus HS-601P, con 3600 kg de masa e 28 transpondedores en banda C e 28 en Ku, e foi lanzado o 28 de agosto de 1997 mediante un Proton K/DM-3. Foi alugado e renomeado a Arabsat 2C en maio de 2002 e máis tarde a Intelsat 5 (Badr C).[5]

PanAmSat 6

[editar | editar a fonte]

PanAmSat 6 tiña unha masa de 3420 kg ao lanzamento e levaba 36 transpondedores en banda Ku. Foi posto en órbita por un Ariane 4 o 8 de agosto de 1997 e foi posto fóra de servizo en 2004 tras varios problemas.[6]

PanAmSat 6B

[editar | editar a fonte]

PanAmSat 6B, renomeado máis tarde como Intelsat 6B, foi un satélite de 3470 kg construído co bus HS-601HP. Foi lanzado mediante un Ariane 4 o 22 de decembro de 1998.[7]

PanAmSat 7

[editar | editar a fonte]

PanAmSat 7 foi posto en órbita sobre o océano Índico para dar cobertura a China, India, Oriente Medio, Suráfrica e Europa. Levaba 30 transpondedores en banda Ku e 14 en banda C. Tiña unha masa de 3838 kg, usaba o bus SSL-1300 e foi lanzado mediante un Ariane 4 o 16 de setembro de 1998. Foi nomeado a Intelsat 7 e retirado en 2016.[8]

PanAmSat 8

[editar | editar a fonte]

PanAmSat 8 usaba tamén o bus SSL-1300 e tiña unha masa de 3800 kg. Tiña a bordo 24 transpondedores en banda Ku e 24 en banda C. Foi lanzado o 4 de novembro de 1998 cun Proton K/DM-3 e renomeado como Intelsat 8 en febreiro de 2007.[9]

PanAmSat 9 e 10

[editar | editar a fonte]

PanAmSat 9 e 10 usaban o bus HS-601HP, cunha masa de 3659 kg e 3739 kg respectivamente. PanAmSat 9 levaba a bordo 28 transpondedores en banda Ku e 28 en banda C, mentres que PanAmSat 10 levaba 32 de ambos. O primeiro foi lanzado o 28 de xullo de 2000 mediante un foguete Zenit 3SL, mentres que o segundo o foi o 15 de maio de 2001 mediante un Proton K/DM-3. Ambos foron renomeados como Intelsat 9 e Intelsat 10 en febreiro de 2007.[10]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10] Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10]
PanAmSat 1 15 de xuño de 1988 Ariane 4 Éxito
PanAmSat 2 (Intelsat 2) 8 de xuño de 1994 Ariane 4 Éxito
PanAmSat 3 1 de decembro de 1994 Ariane 4 Fallo
PanAmSat 4 (Intelsat 4) 3 de agosto de 1995 Ariane 4 Éxito
PanAmSat 3R (Intelsat 3R) 12 de xaneiro de 1996 Ariane 4 Éxito
PanAmSat 6 8 de agosto de 1997 Ariane 4 Éxito
PanAmSat 5 (Arabsat 2C, Badr C, Intelsat 5) 28 de agosto de 1997 Proton K/DM-3 Éxito
PanAmSat 7 (Intelsat 7) 16 de setembro de 1998 Ariane 4 Éxito
PanAmSat 8 (Intelsat 8) 4 de novembro de 1998 Proton K/DM-3 Éxito
PanAmSat 6B (Intelsat 6B) 22 de decembro de 1998 Ariane 4 Éxito
PanAmSat 9 (Intelsat 9) 28 de xullo de 2000 Zenit 3SL Éxito
PanAmSat 1R (Intelsat 1R) 16 de novembro de 2000 Ariane 5 Éxito
PanAmSat 10 (Intelsat 10) 15 de maio de 2001 Proton K/DM-3 Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "Panamsat" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PAS 1" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PAS 1R → Intelsat 1R" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PAS 2, 3, 3R, 4 → Intelsat 2, 3R, 4" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PAS 5 → Arabsat 2C → Badr C (Intelsat 5)" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PAS 6" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PAS 6B" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PAS 7 → Intelsat 7" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PAS 8 → Intelsat 8" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PAS 9, 10 → Intelsat 9, 10" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]