Saltar ao contido

Fueguinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pintura dun fueguino (posiblemente un yaghan) feita polo artista do barco HMS Beagle Conrad Martens durante a visita do HMS Beagle.

Os fueguinos son calquera das tribos de habitantes indíxenas da illa de Terra do Fogo,[1] do extremo sur de Suramérica. Ás veces o termo tense utilizado para referirse ao pobo yaghan, pero é un termo equívoco por ser impreciso, xa que pode referirse a calquera das tribos que alí habitan ou habitaron. O termo procede do castelán, idioma no que fueguino pode referirse a calquera persoa do arquipélago.

Os indíxenas fueguinos pertencían a diferentes tribos incluíndo os ona (pobo selk'nam), haush (manek'enk), yaghan (yámana), e alacaluf (kawésqar). Todas estas tribos excepto a dos selk'nam vivían exclusivamente en zonas costeiras e tiñan as súas propias linguas. Os yaghans e os alacaluf viaxaban en canoas de madeira de bidueiro polas illas do arquipélago, mentres que os haush que habitaban tamén as costas non o facían. Os selk'nam vivían no interior da illa Grande da Terra do Fogo e alimentábanse principalmente cazando guanacos. Os ona eran exclusivamente cazadores-recadadores terrestres que cazaban animais terrestres como guanacos, raposos, roedores tuco-tucos e aves que aniñaban nas terras altas e tamén peixes e mariscos costeiros.[2] Todas as tribos facían unha vida nómade e non tiñan asentamentos permanentes. Os pobos fueguinos falaban varias linguas distintas: tanto a lingua kawésqar coma a lingua yaghan son consideradas linguas illadas, mentres que os selk'nams falaban unha lingua chon igual que os tehuelches do continente.[3]

Actualmente quedan poucos integrantes destes pobos, debido ao proceso de aculturación e ás mortes masivas sufridas durante os séculos XIX e XX. O sarampelo e outras doenzas traídas polos colonizadores case acabaron coa poboación orixinaria das illas da zona do cabo de Fornos.[2][4] Produciuse tamén un verdadeiro xenocidio dos selk'nam, que foi autorizado e dirixido polos estancieros (donos de facendas) entre 1884 e 1900, que orixinou un gran declive da poboación indíxena.[5][6] As grandes compañías pagaban aos granxeiros de ovellas ou a milicias unha recompensa por cada selk'nam morto, o que se confirmaba presentando un par de mans ou orellas ou un cranio, e pagábase máis polas mulleres que polos homes.[7][8]

  1. Oyola-Yemaiel, Arthur (1999). The Early Conservation Movement in Argentina and the National Park Service. Universal-Publishers. ISBN 9781581120981. Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Cordell, Stephen Beckerman, Linda S; Beckerman, Stephen (2014). The Versatility of Kinship: Essays Presented to Harry W. Basehart. Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  3. Adelaar, Willem (2010). "South America". In Moseley, Christopher. Atlas of the World's Languages in Danger (3rd Revised ed.). UNESCO. pp. 86–94. ISBN 978-9231040962.
  4. Itsz, Rudolf (1979). Napköve. Néprajzi elbeszélések (in Hungarian). Budapest: Móra Könyvkiadó. Translation of the original: Итс, Р.Ф. (1974). Камень солнца (in Russian). Ленинград: Издательство «Детская Литература». Title means: “Stone of sun”; chapter means: “The land of burnt-out fires”. 108,111
  5. Chapman, Anne (2010). European Encounters with the Yamana People of Cape Horn, Before and After Darwin. Cambridge. p. 471. Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  6. Gardini, Walter (1984). "Restoring the Honour of an Indian Tribe-Rescate de una tribu". Anthropos. Bd. 79, H. 4./6.: 645–47.
  7. Magrassi, Guillermo Emilio (1987). Los aborígenes de la Argentina: ensayo socio-histórico-cultural. Editorial Galerna. ISBN 9789505600373. Consultado o 9 de xuño de 2019.
  8. José Luis Alonso Marchante "Selknam: Genocidio y resistencia" (Editorial Catalonia). 2019. ISBN 9789563247497.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.