Día das Galegas nas Letras
Aparencia
O Día das Galegas nas Letras é unha celebración organizada pola plataforma de crítica literaria A Sega[1] que honra anualmente a mulleres que contribuíron de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular como "Señora das Letras".
Comezou a organizarse no ano 2014.[2] Naceu en contraposición do Día das Letras Galegas, ao seren homes a maioría das persoas homenaxeadas nesa celebración.[3] En 2018 dedicouse o Día das Letras Galegas a María Victoria Moreno[4] e en 2024 a Luísa Villalta que foran previamente recoñecidas no Día das Letras Galegas.
Homenaxeadas
[editar | editar a fonte]- 2014: Dorothé Schubarth
- 2015: María Victoria Moreno
- 2016: María Xosé Queizán
- 2017: Patricia Janeiro
- 2018: Marica Campo[5]
- 2019: Xela Arias[6]
- 2020: Inma António Souto[7]
- 2021: Uxía Casal[8]
- 2022: Luísa Villalta[9]
- 2023: Aurora Marco[10]
- 2024: María Mariño[11]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un 'Día das Galegas nas Letras' dedicado "a todas aquelas cuxos textos foron omitidos"". Praza Pública. 15 de agosto de 2017. Consultado o 16 de maio de 2018.
- ↑ "O 15 de agosto, Día das Galegas nas Letras en Compostela". Sermos Galiza. 3 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2018. Consultado o 16 de maio de 2018.
- ↑ "Día das Galegas nas Letras: Defender "ás nosas"". Praza Pública. 16 de maio de 2015. Consultado o 16 de maio de 2018.
- ↑ "II día Galegas nas Letras: María Victoria Moreno" (blog). A Sega. Consultado o 16 de maio de 2018.
- ↑ "Marica Campo, protagonista do Día das Galegas nas Letras". Praza Pública. 10/8/2018. Consultado o 10/8/2018.
- ↑ "Unha homenaxe para (re)descubrir e (re)coñecer a Xela Arias". 13/8/2019. Consultado o 13/8/2019.
- ↑ "O VII Día das Galegas nas Letras para Inma Antonio". Nós Diario. Consultado o 26/2/2020.
- ↑ "Uxía Casal será a homenaxeada no VIII Día das Galegas nas Letras". Nós Diario. Consultado o 25/2/2021.
- ↑ "Luísa Villalta, a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras 2022". Nós Diario. 5/3/2022.
- ↑ "Aurora Marco é a 'Señora das Letras' deste 2023". Praza Pública. 5/3/2023.
- ↑ "A poeta María Mariño, nomeada Señora das Letras 2024". Nós Diario. 3/4/2024. Consultado o 4/4/2024.