Saltar ao contido

N-525

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
N-525
Estrada Zamora - Santiago

Travesía urbana da N-525 por Xinzo baixo o nome de Avenida de Ourense
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude341 km
Localización
InicioBenavente
FinSantiago de Compostela
Circulación
Velocidade máxima100 km/h

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

Historia

Este traxecto foi a vía tradicional de paso do camiño real desde Ourense cara a Castela a través da comarca de Seabra. En varios tramos discorre paralela á Vía da Prata do Camiño de Santiago. Entre Rionegro del Puente e Ourense correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Actualmente está caendo en desuso debido á autovía A-52 (Benavente - Vigo) e á autoestrada AP/AG-53 (Ourense - Santiago de Compostela). Comparte parte do seu camiño coa estrada N-640 entre Lalín e Chapa.

En 1975 construíuse a variante de Padornelo e A Canda, que facilitaba o paso da Portela da Canda, entre a provincia de Zamora e a de Ourense. Esta variante acurtaba o traxecto de 21 a 11,5 km. O tramo vello da estrada consérvase co nome de ZA-106. Nesa mesma época construíuse o viaduto do río Mente, no concello de Riós, no que estaba previsto un encoro que non se chegou a construír. O tramo vello neste lugar consérvase co nome de OU-142, aínda que non ten saída[1]. Tamén por entón construíuse a variante do Viso, evitando o paso por varias aldeas de Cudeiro e Gustei. O tramo vello consérvase co nome de OU-150. Entre Piñeira de Arcos e Ourense o tramo vello son as actuais OU-320 e OU-105.

Nesta vía, á altura de Colinas de Trasmonte, morreu en 1976 a cantautora Cecilia cando volvía dun concerto en Vigo.

Puntos de paso

Galería de imaxes

Notas

  1. "El túnel de La Canda tiene 600 metros y evita 60 curvas", artigo en La Voz de Galicia, 23 de decembro de 1975 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos