José Ramón Quiroga Uría
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Ramón Quiroga y Uría valor descoñecido O Hospital, España |
Morte | 23 de marzo de 1847 Casoio, España |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | clérigo |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra da Independencia española |
Familia | |
Irmáns | Juan Bernardo Quiroga Uría |
José Ramón Quiroga Uría, nado no Hospital (Quiroga) e finado en Casoio (Carballeda de Valdeorras) o 23 de marzo de 1847, foi un relixioso e militar galego, prototipo de cura guerrilleiro durante a guerra de Independencia española (1808-1814).
Traxectoria
Procedía da familia fidalga da casa da Lamela, en San Salvador do Hospital, no actual concello de Quiroga. Foi irmán de Juan Bernardo Quiroga Uría, deputado nas Cortes de Cádiz. En vésperas da entrada dos franceses en Galiza era abade da freguesía valdeorresa de Casoio, actual concello de Carballeda de Valdeorras. A Xunta de Defensa, Alarma e Guerra de Valdeorras, constituída cando xa o exército francés penetrara na comarca, nomeouno comandante principal ou xefe xeral da mesma, con mando sobre uns 4000 homes, cos que fustrigaría o inimigo en diversas ocasións, chegando ata o Bierzo, onde colaborou coas tropas de liña. Rematada a guerra Quiroga Uría retomou o seu oficio pastoral até.
Véxase tamén
Bibliografía
- López Caneda, R. (1989). Valdeorras en la Guerra de Independencia. O Barco.
- Quintana Prieto, A. (1969). Valdeorras, O Barco e o Nazareno. O Barco.