Ellen Swallow Richards
(1870) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ellen Henrietta Swallow (Nellie) 3 de decembro de 1842 Dunstable, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 30 de marzo de 1911 (68 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Christ Church Cemetery (en) |
Residencia | Ellen Swallow Richards House (en) (1876–1911) Jamaica Plain (pt) |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Vassar College (pt) Westford Academy (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Química ambiental |
Ocupación | química, ecoloxista, escritora, ecoloxista, profesora universitaria, economista, meteorological observer (en) |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Influencias | |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Robert Hallowell Richards (1875–) |
Premios | |
Descrito pola fonte | A Woman of the Century (en) , (sec:Ellen Henrietta Richards) Library of the World's Best Literature New International Encyclopedia |
Ellen Henrietta Swallow Richards, nada en Dunstable (EE.UU) o 3 decembro de 1842 e finada en Boston o 30 de marzo de 1911, foi unha química e ecóloga estadounidense, pioneira da enxeñaría ambiental[1] e fundadora da economía doméstica.[2]
Ellen S. Richards adicou grandes esforzos a que as mulleres foran recoñecidas no mundo da ciencia e puideran ser admitidas nas sociedades científicas.[3]
Traxectoria
Primeiros anos
Os pais de Ellen Swallow, Peter Swallow e Fanny Taylor non tiñan grandes recursos económicos pero valoraban a educación. Ellen non contaba con moito tempo para acudir á escola, porque tiña que apoiar os negocios dos seus pais. Con todo, Ellen a partir de 1859 tomou cursos universitarios de matemáticas, francés e latín.
Estudos no Vassar College
Ellen era unha boa estudante e traballou durante uns anos como profesora e titora para aforrar diñeiro para poder asistir á universidade. En 1868, foi aceptada no Vassar College, onde estudou astronomía e química, entre outras cousas. Foi alumna de Maria Mitchell.
Estudos no MIT
En 1870 converteuse na primeira muller admitida no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. En 1873, Ellen Swallow obtivo unha licenciatura en química no MIT. Continuou os seus estudos no MIT e tería acadado o doutoramento se non fose pola negativa do MIT a conceder esta distinción a unha muller, cousa que non fixo ata 1886 cando concedeu por primeira vez un máster en Ciencias en Química a unha muller .
En 1875 Ellen casou co profesor de metalurxia da MIT, Robert H. Richards. Ambos apoiábanse nos seus intereses e no seu traballo.
Vida Laboral
Despois de graduarse no MIT, co apoio do seu marido e da Woman's Education Association abriu o Laboratorio da Muller no MIT, onde ensinaba as mulleres química básica e industrial, bioloxía, e mineraloxía.[4] Tamén en 1876, se convirteu na xefa da sección de ciencia do Society to Encourage Studies at Home, sociedade que formaba ás amas de casa e ás familias en diversas materias, tales como: economía do fogar, nutrición, etc. .
As mulleres non obtiveron autorización para estudar unha carreira regular no MIT até 1883. Por tanto Ellen Richards logrou a través do seu labor que as mulleres puideran estudar as ciencias naturais no MIT.
Desde 1887 en diante a Ellen Richards asignóuselle por parte de autoridades sanitarias estadounidenses o traballo de laboratorio dun estudo total da subministración de auga en Estados Unidos. Isto levou a que en 1890 se establecese un programa de Sanitary engineering (Enxeñaría Sanitaria) no MIT. Como profesora Ellen Richards ensináballe ao seu alumnado a análise de auga potable, augas residuais e o aire.[5]
Ademais das súas actividades laborais Ellen Richards e o seu esposo apoiaron activamente durante case un cuarto de século a mulleres novas que estaban interesadas no estudo das ciencias naturais.
Algunhas publicacións
- ellen Richards. Food materials and their adulterations. Boston: Estes and Lauriat, (1885); Home Science Publishing Co. 1886.
- -------------------. Plain words about food: the Rumford kitchen leaflets 1899. Boston: Home Science Publishing Co.
- -------------------. 1904. First lessons in food and diet. Boston: Whitcomb & Barrows
- -------------------. 1905. The Cost of shelter. Nova York: J. Wiley & Sons ISBN 1-4142-3012-5
- -------------------. 1906?. Meat and drink. Boston: Health-Education League
- -------------------. ca. 1908. Richards, Ellen. The Efficient worker. Boston: Health-Education League
- -------------------. ca. 1908. Health in labor camps. Boston: Health-Education League
- -------------------. 1908 ou 1909. Tonics and stimulants. Boston: Health-Education League
- -------------------. 1914. Air, water, and food: from a sanitary standpoint. 4ª ed. rev. e reescrito. Nova York: J. Wiley & Sons
- -------------------. Euthenics: The Science of Controllable Environment : A Plea for Better Conditions As a First Step Toward Higher Human Efficiency (Public health in America) ISBN 0-405-09827-8
Notas
- ↑ García, Laura (2014-09-08). "Ellen Swallow Richards, pionera de la ingeniería medioambiental". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ Tomé, César (2016-04-13). "Ellen Richards: la economía doméstica como cultura científica". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ Científicas y sufragismo. SIEMUS (Seminario Interdisciplinar de Estudios de las Mujeres de la Universidad de Sevilla. 2016. ISBN 978-84-945243-2-5.
- ↑ "Ellen H. Swallow Richards". Science History Institute (en inglés). 2016-06-01. Consultado o 2020-04-11.
- ↑ Muñoz Páez, Adela; Garritz, Andoni (2013-03-01). "Mujeres y química ii. Siglos xviii y xix". Educación Química (en castelán) 24: 156–162. ISSN 0187-893X. doi:10.1016/S0187-893X(13)72509-6.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ellen Swallow Richards |
Outros artigos