Saltar ao contido

Príncipe da Beira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armas do Príncipe da Beira.
Estandarte do Príncipe da Beira

Príncipe da Beira é, desde 1734, ao sucesor do herdeiro da Coroa de Portugal que, á súa vez ten o título de Príncipe Real. Sería así un título honorífico destinado a sinalar ao segundo individuo da liña sucesoria. O territorio ao que fai referencia o título é a antiga provincia portuguesa da Beira. Hoxe en día é usado por D. Afonso de Santa Maria, fillo máis vello do pretendente ao trono portugués, o Príncipe Real D. Duarte Pio.

O título Princesa da Beira foi creado en 1645, por D. João IV, como designación da filla máis vella do monarca, independentemente de ser ou non, herdeira da coroa. O título Príncipe do Brasil estaba reservado aos primoxénitos varóns do monarca, estes si, cando existisen, sempre herdeiros da coroa. Até entón o herdeiro real tiña o simple título de Príncipe, sendo que a filla máis vella do monarca só o recibía se non tivese irmáns varóns.

O 17 de decembro de 1734 o rei D. João V reorganiza o sistema de títulos da familia real. A partir de aí, tanto o título de Príncipe do Brasil como o de Príncipe da Beira poderían ser atribuídos a persoas dos dous sexos. Pasaba a ser Príncipe ou Princesa do Brasil o herdeiro ou herdeira ao trono. O título de Príncipe da Beira pasaba a ser o do fillo herdeiro do Príncipe do Brasil (por tanto, o segundo na liña de sucesión). Polo novo sistema, a primeira Princesa da Beira foi a neta de D. João V, D. Maria Francisca, futura raíña D. Maria I. O Primeiro Príncipe da Beira do sexo masculino foi D. José, fillo da Princesa D. Maria Francisca.

Ao título de Príncipe da Beira é asociado o tratamento de Alteza Real (S.A.R.)


Princesas da Beira, na calidade de fillas máis vellas do monarca

  1. D. Joana (1638-1645-1653), na calidade de filla máis vella de D. João IV
  2. D. Catarina Henriqueta (1639-1653-1705), na calidade de filla máis vella de D. João IV, en virtude da morte da Princesa D. Joana, tornándose despois Raíña de Inglaterra
  3. D. Isabel Luísa (1668-1683-1690), na calidade de filla máis vella de D. Pedro II, sendo presunta herdeira do trono até ao nacemento do Príncipe D. João
  4. D. Maria Bárbara na calidade de filla máis vella de D. João V, tornándose despois Raíña de España

Príncipes da Beira, na calidade de segundos na liña de sucesión

  1. D. Maria Francisca (1734-1816), na calidade de primoxénita do Príncipe D. José (herdeiro presunto ao trono), tornándose despois, sucesivamente, Princesa do Brasil e Raíña.
  2. D. José (1761-1788), na calidade de primoxénito da Princesa D. Maria Francisca (presunta herdeira ao trono), tornándose despois Príncipe do Brasil.
  3. D. Maria Teresa (1793-1874), na calidade de primoxénita do Príncipe D. João (herdeiro presuntivo do trono), perdendo o título ao nacer D. Francisco Ant��nio, por este ser varón.
  4. D. Francisco António (1795-1801), na calidade de varón máis vello do Príncipe D. João (presunto herdeiro ao trono).
  5. D. Pedro de Alcântara (1798-1834), despois da morte de D. Francisco António, na calidade varón primoxénito do Príncipe D. João (herdeiro presunto ao trono), tornándose despois, sucesivamente, Príncipe Real do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves, Emperador do Brasil e Rei de Portugal.
  6. D. Maria da Gloria (1819-1853) (1ª vez), na calidade de primoxénita herdeira do Príncipe D. Pedro de Alcântara, perdendo o título ao nacer D. João Carlos, por este ser varón.
  7. D. Miguel (1820), na calidade de varón máis vello do Príncipe D. Pedro de Alcântara.
  8. D. João Carlos (1821-1822), na calidade de varón máis vello do Príncipe D. Pedro de Alcântara.
  9. D. Maria da Gloria (1819-1853) (2ª vez), en virtude de volver a ser a herdeira de D. Pedro de Alcântara en relación ao trono de Portugal, ao morrer o Príncipe D. João Carlos.
  10. Luís Filipe (1887-1908), na calidade de primoxénito do Príncipe D. Carlos (presunto herdeiro ao trono), tornándose despois Príncipe Real.

Reivindicacións pos-Monarquía

Reinvindicaram, tamén, o título de Príncipe da Beira:

  1. D. Duarte Pio (nacido en 1945), na calidade de primoxénito de D. Duarte Nuno (pretendente ao trono), adquirindo despois o título de Príncipe Real, que reinvindica igualmente.
  2. D. Soraia de Bragança (nacida en 1965), na calidade de primoxénita de D. Rosário de Bragança (pretendente ao trono).
  3. D. Afonso de Santa Maria (nacido en 1996), na calidade de primoxénito de D. Duarte Pio (pretendente ao trono).