Saltar ao contido

Manuel Reimóndez Portela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 26 de xuño de 2024 ás 22:08 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (engado a Categoría:Medallas do Parlamento de Galicia mediante HotCat)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaManuel Reimóndez Portela

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1916 Editar o valor en Wikidata
San Miguel de Castro, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xuño de 1994 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
San Miguel de Castro, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Estrada
1983 – 1987
← Jesús Durán MartínezElvira Fernández Díaz → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, médico, escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCoalición Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX819973 BUSC: reimondez-portela-manuel-1916-1994 Dialnet: 1231483
Manuel Reimóndez Portela.

Manuel Reimóndez Portela, nado en San Miguel de Castro (A Estrada), o 26 de marzo de 1916 e finado na mesma parroquia o 20 de xuño de 1994, foi un médico, escritor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou de neno a Cuba, onde fixo os estudos primarios e comezou o bacharelato, e retornou en 1932. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que non chegou a rematala debido á Guerra Civil. Cando rematou a contenda, regresou á facultade e obtivo a licenciatura en 1960, especializouse no aparato dixestivo. Exerceu a profesión na súa aldea natal. Polo seu trato chamáronlle o Médico dos Pobres.

Na época da transición presidiu a Comisión que elaborou o Estatuto dos dezaseis, o anteproxecto do Estatuto de Autonomía de 1981. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura da Alianza Popular na Estrada e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co PSdeG-PSOE. Estivo á fronte da alcaldía ata o fin do mandato en 1987, cando optou por non presentarse á reelección.

Foi presidente do Centro de Iniciativas e Turismo da Estrada e director do museo municipal, que leva o seu nome.


Predecesor:
Jesús Durán Martínez
 
Alcalde da Estrada
 
1983 - 1987
Sucesor:
Elvira Fernández

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1994 obtivo o premio San Martiño de nomalización lingüística do Concello da Estrada.

En 1996 a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada creou na súa honra o Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, co obxectivo de contribuír ao fomento e difusión da lectura na Comunidade Autónoma Galega.

Déuselle o seu nome ao Museo do Pobo Estradense.

En 2004 o Concello da Estrada réndelle homenaxe adicándolle o seu Ano Cultural.

  • Guía turística de La Estrada, 1976.
  • Marcas de canteiros de la desaparecida Torre de la Barreira, 1976.
  • O Estatuto dos 16, 1978.
  • Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra, 1985.
  • A Estrada rural, 1990.
  • Un médico na aldea, 1992.
  • A Estrada
  • El camino a Santiago por el sudeste: Ourense, Santiago de Compostela, 1993. En colaboración con José Espiño Matos e Mariano Sinde Lema.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Manuel Reimóndez Portela na lembranza. Sada: Do Castro. 1996. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]