Armando Cotarelo Valledor
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1879 A Veiga, Espa��a |
Morte | 8 de decembro de 1950 (70 anos) Madrid, España |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 14 de decembro de 1950 – Carlos Ruiz del Castillo → Lexislatura: III lexislatura das Cortes franquistas | |
Deputado das Cortes | |
12 de febreiro de 1919 – 16 de marzo de 1920 Circunscrición electoral: Santiago de Compostela | |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | escritor, político, filólogo |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Central Instituto de España |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, narrativa, teatro |
Familia | |
Cónxuxe | María Botana Sieiro |
Pai | Emilio Cotarelo y Mori |
Premios | |
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1984. |
Armando Cotarelo Valledor, nado na Veiga (Asturias) o 28 de decembro de 1879 e finado en Madrid o 8 de decembro do ano 1950, foi un dramaturgo e escritor galego. En 1984 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo do erudito Emilio Cotarelo Mori. Estudou Filosofía e Letras en Madrid, doutorándose en 1904 cunha tese sobre a literatura galega medieval. Ese mesmo ano foi nomeado Catedrático de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Santiago de Compostela, onde chegou a ser vicerreitor e decano. Casou coa compostelá María Botana Sieiro.
En 1907 deu o discurso de apertura do curso universitario 1907-1908 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de "La leyenda de doña Estefanía la desdichada".
Foi un dos promotores da Exposición Rexional de 1909 e da Exposición de Arte de 1926. Creou e dirixiu a revista Ultreya, activa entre 1919 e 1920. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega (aínda que non chegou a tomar cargo), á que representou na Real Academia Española en 1929 xunto con Ramón Cabanillas. En 1942 foi elixido membro da Real Academia da Historia.[1] Participou no movemento galeguista e foi membro activo das Irmandades da Fala. Foi membro fundador, primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos (1923-1925) e a persoa quen lle deu nome ao seminario[2]. En 1925 trasladouse a Madrid como catedrático da Universidade, deixando a presidencia do Seminario. Durante a República, continuou publicando obras de teatro en galego e traballos de historia e de literatura galega e española, como os dedicados ao rei Afonso III ou a edición do Cancioneiro de Paio Gómez Chariño[3].
Durante a guerra civil española o autor apoiou a dereita sublevada[4].
Estudou a literatura galega medieval, sendo un dos precursores en Galicia neste aspecto. Se ben os seus estudos teñen unha sólida formación e documentación histórica, o seu criterio filolóxico e estudo literario é máis feble[5].
Obra
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]No eido do teatro foi continuador da liña ruralista. Abrangue o drama rural (Trebón, O lubicán) e de ambiente mariñeiro (Beiramar, Mourenza); a comedia sentimental (Sinxebra) e a traxedia histórica (Hostia). Agás Mourenza (estreada en Madrid en 1932) e Hostia, todas as pezas foron estreadas en Santiago de Compostela polo Cadro Dramático da Universidade con dirección do propio autor.
Lubicán, de Armando Cotarelo y Valledor, 1924, e Ruinas, de |
- Trebón (1922).
- Sinxebra (1923; bilingüe).
- Lubicán (1924), ilustrado por Camilo Díaz Baliño.[6] Estreada con Fermín Bouza-Brey e Olimpia Valencia nos papeis principais.
- Hostia (1926).[7]
- Beiramar (1931).
- Mourenza (1931; bilingüe). Estreada en Madrid en 1932.
- Ultreya, libreto de ópera (1935; bilingüe).
- Érase una vez un rey... (en castelán, inédita ata 1992)
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Palladys Tyrones (1919) (parte II da triloxía Memorias de un escolar de antaño 1808-1809. En castelán.)
- La enseña radía (1921) (parte I da triloxía Memorias de un escolar de antaño 1808-1809. En castelán.)
- El Pazo (1923). Novela bilingüe.
- Contos de Nadal colleitos do pobo (1927). Relatos curtos. Literatura popular.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Cancioneiro da agulla enxergado con doas do pobo (1931).[8]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Biografía del doctor D. Francisco Codera (Madrid, 1898).
- La Exposición Rosales (Madrid, 1902).
- Fray Diego (Madrid, 1902).
- Una cantiga célebre del rey Sabio: fuentes y desarrollo de la leyenda de Sor Beatriz, principalmente de la literatura española (Madrid, 1904).
- La belleza femenina en las obras de Cervantes (Santiago de Compostela, 1905).
- Don Melendo García de Valdés, XX Obispo de Osma (1210-1225) (Santiago de Compostela, 1908).
- El teatro de Cervantes. estudio crítico (Madrid, 1915). Premio «Alba» da RAE en 1912.
- Vida militar, política y literaria de Alfonso III el Magno (Madrid, 1916).
- Los cristianos españoles ante la invasión musulmana. 711-716 (Santiago de Compostela, 1919).
- Argonautas gallegos. 1519-1522 (Santiago de Compostela, 1920).
- Payo Gómez Chariño, Almirante y Poeta (1929; texto de ingreso na RAE).
- Los hermanos Eáns Mariño, poetas gallegos del S. XIII (Madrid, 1933).
- Historia crítica y documentada de Alfonso III, el Magno, último rey de Asturias (Madrid, 1933).
- "Encol do nome de Martín Códax" (1933; artigo na revista Nós nº 109).
- Cancionero de Payo Gómez Chariño (Madrid, 1934).
- El Seminario de Educación de la Vega de Ribadeo, hoy Vegadeo, y su Fundador, D. Jacinto Valledor y Presno, Obispo de Osma (Madrid, 1950).
- "La poesía del mar en el Cancionero de la Vaticana" (1970; artigo na revista Grial nº 30).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mato, Alfonso. "Armando Cotarelo Valledor" Diccionario Biográfico Español. Real Academia de la Historia (en castelán).
- ↑ Tobío, Lois: As décadas de TL, Ediciós do Castro, 1994, páxinas 124
- ↑ "Armando Cotarelo y Valledor". Real Academia de la Historia.
- ↑ Forneiro, José Luís (2004). "Armando Cotarelo Valledor, editor e estudioso do romanceiro tradicional galego". Revista Galega de Filoloxía: 79 – 106. ISSN 1576-2661.
- ↑ Introdución de Henrique Monteagudo en COTARELO VALLEDOR, A.: Cancionero de Payo Gómez Chariño. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1984.
- ↑ Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4.
- ↑ Iglesias, Xabier: Hostia en Os libros de Ánxel Casal, 19/11/2012.
- ↑ Cancioeiro da Agulla enxergado con doas do pobo en Galiciana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Armando Cotarelo Valledor |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diccionario enciclopédico galego universal 19. Ir Indo para La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 19. ISBN 84-7680-429-6.
- Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 331.
- Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 607.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 315.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Fontoira Surís, Lydia; García Rodríguez, Carmén et al. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD) . Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 151–152. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Armando Cotarelo Valledor" Arquivado 02 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. na páxina web da Real Academia Galega.
- Armando Cotarelo Valledor na Biblioteca Virtual Galega.
- Enciclopedia da Historia da Literatura Galega da Asociación Socio-Pedagóxica Galega
- Sánchez Pombo, Ernesto (17/5/1984). "Armando Cotarelo, una elección polémica". El País (en castelán).
Predecesor: sen crear |
Presidente do Seminario de Estudos Galegos 1923-1925 |
Sucesor: Salvador Cabeza de León |
Predecesor: Agustín Millares Carlo |
Real Academia da Historia Medalla 17 1942 - 1950 |
Sucesor: Leopoldo Torres Balbás |
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Poetas de Galicia
- Día das Letras Galegas
- Nados en 1879
- Finados en 1950
- Nados na Veiga, Asturias
- Dramaturgos de Galicia
- Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela
- Académicos da Real Academia Española
- Académicos da Real Academia da Historia
- Membros do Seminario de Estudos Galegos
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Bibliófilos