Saltar ao contido

Viña del Mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 13 de decembro de 2023 ás 12:31 por Estevoaei (conversa | contribucións) ({{Xeografía política}})
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaViña del Mar
Imaxe

Localización
Mapa
 33°01′28″S 71°33′06″O / -33.0245, -71.5518
EstadoChile
RexiónRexión de Valparaíso
ProvinciaProvincia de Valparaíso
ComunaViña del Mar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación332.875 (2017) Editar o valor en Wikidata (2.760,84 hab./km²)
Xeografía
Superficie120,57 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2 m Editar o valor en Wikidata
Creación1878 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico56 32 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webvinadelmar.cl Editar o valor en Wikidata

Viña del Mar é un concello chileno pertencente á provincia e Rexión de Valparaíso. Segundo o INE en 2002 tiña 286.931 habitantes. Foi fundada en 1878 como municipio e ten unha superficie de 121,6 km². Xunto a outros núcleos urbanos forma parte da área metropolitana do Gran Valparaíso. Atópase no Litoral central de Chile, xunto á desembocadura do Marga Marga ó océano Pacífico. É unha das vilas balnearios máis visitadas de Chile e tamén das máis exclusivas.

Viña del Mar destaca polos seus balnearios, grandes centros comerciais, beiras costeiras con edificios altos, hoteis e variados lugares de entretemento, o que a converteu nunha das cidades máis turísticas de Chile, máis exclusivas e máis recoñecidas de xeito internacional.

Chámaselle A Cidade Xardín, pola cantidade de áreas verdes e parques que ten. Ademais, ten sido recoñecida polo seu estilo estilo arquitectónico suburbano orixinal de "casas quinta", establecido polos ingleses establecidos en Valparaíso e que tiñan as súas casas de verán en Viña del Mar a fins do século XIX.

Segundo unha enquisa, é vista polos chilenos como a mellor comuna do país para vivir e traballar.

Vista do Reloxo de flores, un dos principais fitos turísticos da cidade.

Os primeiros españois que chegaron ó val de Peuco, onde verte o esteiro Marga Marga, repartíronse o territorio en dúas grandes facendas. Ó norte do leito atopábase a Viña de la Mar, nome debido a que un dos seus primeiros donos plantou un viñedo que estivo no lugar ata que o arrasou un temporal no 1827, e ó sur, las Siete Hermanas polos sete outeiros que separan o cerro Castillo, do cerro Barón.

A comezo do século XIX ambas facendas foron mercadas polo comerciante portugués de Valparaíso Francisco Alvares, quen pagou en total uns $100.000.[1] Ó morrer Alvares ambas propiedades quedaron administradas pola súa viúva, Dolores Pérez, quen comezou a arrendar pequenas parcelas, precedente para a urbanización da zona.

Chegada do ferrocarril e fundación

[editar | editar a fonte]
Castelo Wulff.
Vista de edificios en Viña del Mar.

O impulso definitivo á chegada de novos habitantes e ós primeiros visitantes comezou coa construción do Ferrocarril de Valparaíso a Santiago de Chile, sendo inaugurado o primeiro tramo o 17 de setembro de 1855, entre cerro Barón e a facenda de Viña del Mar.

En 1859 a neta de Francisco Alvares e Dolores Pérez, Mercedes Álvarez, casou co enxeñeiro e político José Francisco Vergara, quen presentou o proxecto para a conversión das dúas facendas nun concello distinto de Valparaíso, adicándose tamén a planificalo. O 28 de decembro de 1874, Vergara -sepultado no cemiterio nº 1 do porto- conseguiu que o proxecto presentado diante do intendente Francisco Echaurren fose aprobado, nacendo así a nova comuna que dende a chegada do ferrocarril evolucionara a unha pequena urbe.

As primeiras edificacións construíronse arredor da estación do ferrocarril e a praza central, a actual Praza Vergara, estendéndose arredor da vía férrea polas rúas Álvares e Viana. En 1884 foron inauguradas as primeiras instalacións para baños da praia Miramar, e no 1886 formouse o primeiro barrio fóra do centro, Recreo, sobre a vía férrea e o camiño a Valparaíso.

O crecemento da comuna continuou, e no ano 1892 Salvador Vergara Álvarez, fillo de José Francisco Vergara, formou a Sociedad Población Vergara, co fin de parcelar e urbanizar o norte do Marga Marga. Así, comezouse a construción da Avenida Libertad, arredor da que se construíron moitas casas grandes e chalés. Naqueles anos comezaron a formarse novos barrios como Cerro Castillo, preto da costa, e Chorrillos e Miraflores, cara ó oeste, de xeito paralelo á vía.

Nos seus comezos a cidade tivo un importante rol industrial. Unha das primeiras empresas viñamarinas foi a maestranza e estaleiros Lever, Murphy & Cía, establecida en 1883 na actual Caleta Abarca, empresa responsable da construción de varias pontes de ferro para ferrocarrís, o Peirao Vergara na beira costeira e do escampavía Meteoro, primeiro buque a vapor (de ferro) construído en Chile. Outra industria relevante foi a Compañía Refinera de Azúcar de Viña del Mar (CRAV), fundada en 1873.

En 1906 un terremoto destruíu a zona central de Chile, deixando unha centena de vítimas e decenas de construcións destruídas na área de Valparaíso; en Viña del Mar o Pazo Vergara, residencia da familia fundadora, foi unha das máis danadas. Logo da traxedia, moitas familias de clase alta do devastado Valparaíso trasladáronse a Viña del Mar e aumentaron a súa poboación, edificando pequenas mansións para uso residencial, como o 'Castillo Wulff' ou o 'Palacio Rioja', hoxe símbolos comunitarios.

Cara a 1910, centenario da República de Chile, Viña del Mar continuou a súa expansión, agora cara á costa, onde foron alongadas diversas rúas e se construíron outras como a Avenida de los Baños del Mar. Para esa época, as facendas viñamarinas eran o lugar elixido pola clase alta de Valparaíso e Santiago de Chile para pasar as súas vacacións, sobre todo pola conexión ferroviaria.

Un nuevo impulso tivo lugar na década de 1920 entre os gobernos de Arturo Alessandri Palma e Carlos Ibáñez del Campo. Diversas obras públicas foron realizadas, como o Estadio El Tranque, o Coliseo Popular e o Balneario das Salinas, así como edificios emblemáticos como o Pazo presidencial de Cerro Castillo e o Teatro Municipal de Viña del Mar, ambos os dous rematados en 1930. Nista mesma época inaugurouse o Casino Municipal, edificio de estilo art déco que se converteu nun dos piares do turismo viñamarino.

A Gran Depresión afectou o importante desenvolvemento conseguido, rematando a situación coa construción de dous hoteis municipais: o Hotel O'Higgins, situado no centro da comuna e a poucos metros da estación de Viña del Mar, e o Hotel Miramar, na costa.

  1. Vargas Cariola, Juan E. (1998). José Tomás Ramos Font. Santiago, Chile: Ed. Universitaria S.A. p. 43. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]