Saltar ao contido

Banesco Banco Universal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 26 de outubro de 2022 ás 22:24 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.2)
Banesco Banco Universal

Vista parcial de "Ciudad Banesco"
TipoSociedade Anónima
Fundación1992
LocalizaciónCaracas, Venezuela
FundadorJuan Carlos Escotet
Persoas claveJuan Carlos Escotet (presidente)
IndustriaBanca
Beneficio5 308 741 336 VEF [1]
Na rede
http://www.banesco.com
Facebook: BanescoBancoUniversal Twitter: Banesco Instagram: banescobancouniversal Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Banesco Banco Universal, coñecido abreviadamente como Banesco, é unha institución financeira venezolana establecida na cidade de Caracas. Conta con 473 sucursais no país e actualmente é o maior grupo bancario privado do país, tendo unha cota de participación do mercado do 13,65 %,[2]

Xunto cos seus principais competidores, Bicentenario Banco Universa, Banco Mercantil, Banco Occidental de Descuento, Banco de Venezuela e Banco Provincial forma o Estrato Grande do Ránking Bancario segundo a Superintendencia da Actividade Bancaria (SUDEBAN), ente adscrito ao Ministerio do Poder Popular para Planificación e Finanzas.

O grupo financeiro comprende, ademais, unha aseguradora, un sistema de banca privada, unha empresa de servizos de tickets ou vales de alimentación para empregados (TodoTicket), así como outros negocios menores.

Historia

Banesco xorde no ano 1977 co nome de Banco Agroindustrial Venezolano, nome que mantén até o ano 1987 cando o cambia por Banco Financiero. No 1992, despois de cambiar o seu nome novamente a Bancentro, o banco foi adquirido pola casa de bolsa Banesco, propiedade do seu actual presidente da Xunta Directiva Juan Carlos Escotet Rodríguez, polo cal a entidade pasa a denominarse Banesco Organización Financiera. En 1997 transfórmase en banco universal logo de fusionarse con Banesco fondo de activos líquidos e Banesco arrendamiento.

Caja Familia

En 1997 Banesco Organización Financiera funda Caja Familia Entidad de Ahorro y Préstamo produto da fusión coas entidades de aforro e préstamo El Porvenir, Bancarios, La Industrial, Maracay e Caja Popular. Máis tarde, en 1999, adquire La Primera EAP pasando a liderar ese segmento.

Unibanca

No ano 2000, Caja Familia, unha das filiais de Banesco, fusiónase co Banco Unión (fundado en 1946). O acordo establecía un 50 % das accións para Banesco e o outro 50 % para o Grupo Unión, nacendo así Unibanca, que se transforma no cuarto banco máis grande de Venezuela. A fusión consumouse o 12 de febreiro de 2001.

En 2002 Banesco adquire a súa maior importancia tras concretar en conxunto con Unibanca unha das maiores fusións bancarias do país.[3]

Fusión dos bancos quebrados durante a Crise bancaria de 1994

  • Banco Latino
  • Banco Progreso
  • Banco Construcción
  • Banco Barinas

Sedes

O banco posúe 446 sucursais bancarias en Venezuela, ademais de 16 Axencias Comunitarias localizadas nos sectores populares. As súas oficinas centrais están na cidade de Caracas:

  • Ciudad Banesco

Ciudad Banesco foi antigamente a sede de Sears, até que esta entidade se retirou de Venezuela e foi ocupada por outro complexo de apartamentos chamado Maxy's. Banesco adquiriu o inmoble e en 2004 reinaugurouno baixo o concepto de fábrica baseado no aproveitamento de espazos horizontais e abertos, o cal permite manter s celas operativas próximas. Grazas aos cambios realizados, Ciudad Banesco converteuse nun edificio ecolóxico, xa que se usaron materiais que respectan o contorno. Ciudad Banesco recibiu o Premio Anual Construción 2004 outorgado pola Cámara da Construción de Venezuela.

  • Torres Banesco 1 e 2

Situadas no sector financeiro de El Rosal, ambos os edificios funcionaron como sede principal de Banesco até 2004, cando a entidade trasladou a súa sede principal a Ciudad Banesco; porén, aínda funcionan como edificios de oficinas do banco.

  • Antiga sede esquina El Chorro

Esta torre está situada na Avenida Universidad, no centro de Caracas. Inicialmente denominouse Torre Unión, propiedade da antiga entidade bancaria Banco Unión que, tras a fusión con Caja Familia (do grupo Banesco) transformouse en Unibanca. Tras finalizar a fusión con Banesco, a torre foi vendida ao Estado venezolano. Actualmente funciona como sede dos ministerios de Ciencias y Tecnología, Cultura, Información y Educación Superior; as súas antigas bóvedas, onde estaba o Banco Unión, convertéronse nunha imprenta e depósitos de libros gratuítos dos distintos entes gobernamentais, e tamén é sede da Fundación Impresa Cultural e sa sede anexa da Imprenta Nacional, onde se edita a Gaceta Oficial de la República Bolivariana.

Filiais

Notas

  1. 1º semestre de 2012.
  2. Sistema banca comercial y universal. Novembro de 2007 Banca y Finanzas. 21 de xaneiro de 2007. (en castelán) Consultada do 27 de xaneiro de 2014.
  3. Grande y venezolano Revista Producto. Xullo de 2007. (en castelán). Consultado o 37 de xaneiro de 2014.
  4. [1]
  5. "Banesco.com". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 
  6. "Descifrado". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 
  8. "Todoticket". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas