Saltar ao contido

ADEOS 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de xullo de 2022 ás 14:57 por Xosema (conversa | contribucións) (Arranxo referencia)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
ADEOS 1 / Midori
Lanzamento de ADEOS 1
TipoObservación terrestre
OrganizaciónNASDA
Contratistas principaisMitsubishi Electric[1]
Data de lanzamento17 de agosto de 1996[2][3][4][5]
Foguete portadorH-2[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[1][3]
Obxectivo da misiónObservación da superficie terrestre en diferentes lonxitudes de onda[1][3]
NSSDC ID1996-046A
Masa3500 kg[1][3]
DimensiónsCorpo principal de 4 x 4 x 5 m cun panel solar, unha vez despregado, de 3 x 13 m[1][3]
BateríasCinco baterías de níquel-cadmio[3]
Datos orbitais
Semieixo maior7174,0 km[2]
Inclinación98,5 graos[2]
Apoapse803,4 km[2]
Periapse802,7 km[2]

ADEOS 1, ou simplemente ADEOS (acrónimo de Advanced Earth Observation Satellite), renomeado como Midori (verde, en xaponés[6]) tras a súa posta en órbita, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 17 de agosto de 1996 mediante un foguete H-2 desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][3]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de ADEOS 1 consistiu en facer observacións de cambios medioambientais na Terra. Foi inxectado nunha órbita heliosincrónica e rebautizado como Midori 1. Deseñado modularmente, o corpo principal medía 4 x 4 x 5 metros e o panel solar, unha vez despregado, medía 3 metros de ancho por 13 metros de longo. O satélite estabilizábase nos tres eixos mediante catro volantes de inercia e dous propulsores alimentados por hidracina. O coñecemento da actitude da nave proviña de dous magnetómetros e unha unidade de referencia inercial. O panel solar, composto por células de arseniuro de galio, alimentaba cinco baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de 35 amperios-hora e proporcionando ata 4,5 kW de potencia a unha tensión de entre 34 e 52 voltios.[1][3][5]

Os datos do satélite enviábanse ben directamente a terra en banda S (cunha velocidade de subida de 500 bps e de baixada de 4 Mbps) ou banda X, ben indirectamente a través do satélite ETS-6 usando s banda Ka, cunha velocidade de 120 Mbps. Adeos 1 levaba a bordo grabadoras para almacenar os datos.[3][5]

ADEOS 1 deixou de funcionar o 30 de xuño de 1997, dous anos antes de cumprir a súa expectativa de vida, de tres anos. A falta de datos do dispersómetro NSCAT debido ao fin prematuro da misión foi compensada co lanzamento ex profeso do satélite QuikScat.[1][3]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

ADEOS 1 levaba oito instrumentos a bordo:[1][3][5]

  • OCTS (Ocean Color and Temperature Scanner)
  • AVNIR (Advanced Visible and Near-Infrared Radiometer)
  • NSCAT (NASA Scatterometer)
  • TOMS (Total Ozone Mapping Spectrometer)
  • POLDER (Polarization and Directionality of the Earth's Reflectances)
  • IMG (Interferometric Monitor for Greenhouse Gases)
  • ILAS (Improved Limb Atmospheric Spectrometer)
  • RIS (Retroreflector in Space)
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ADEOS 1 (Midori)" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ADEOS" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 NASA (4 de novembro de 2011). "ADEOS" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012. 
  4. "Note verbale dated 21 October 1996 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (96-86918T): 2. 29 de outubro de 1996. Consultado o 7 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "ADEOS" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2012. 
  6. David Darling, David Darling (2012). "ADEOS (Advanced Earth Observing Satellite)" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]