Corvos da Torre de Londres
Os corvos da Torre de Londres son un grupo de, polo menos, seis corvos que viven na Torre de Londres.[2] Tradicionalmente, crese que a súa presenza protexe a Coroa e a torre. Unha superstición di que "se os corvos da Torre de Londres se perden ou marchan, a Coroa vai caer e, con ela, Gran Bretaña".[3][4][5]
A nivel histórico, os corvos salvaxes eran comúns en Gran Bretaña, mesmo nas cidades, e a torre atopábase dentro da súa área de distribución natural. Cando foron exterminados de boa parte do seu hábitat natural, incluíndo Londres, só podían vivir en catividade na torre e co apoio oficial. A lenda sitúa a orixe da poboación de corvos en catividade nos tempos do Rei Carlos II (reinado entre 1660-85). Algúns historiadores cren que o "mito dos corvos da torre é, probablemente, unha fantasía da era vitoriana".[6] Algúns dos corvos da torre foron criados especificamente en Somerset.[7]
Notas
- ↑ «A Guide to the Tower Ravens».
- ↑ «Learn about the ravens».
- ↑ «The guardians of the Tower».
- ↑ Jeffrey Vallance.
- ↑ Jane Fryer.
- ↑ https://www.theguardian.com/uk/2004/nov/15/britishidentity.artsandhumanities. Falta o
|title=
(Axuda)Falta o|title=
(Axuda) - ↑ http://www.bbc.co.uk/news/uk-england-somerset-18611229. Falta o
|title=
(Axuda)Falta o|title=
(Axuda)