Saltar ao contido

San Antonio, Texas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 22 de marzo de 2010 ás 11:44 por 83.165.36.80 (conversa)
Cidade de San Antonio

San Antonio é unha cidade de Texas, nos Estados Unidos, capital do condado de Bexar. Colonos das Illas Canarias fundaron San Antonio en 1731.

Historia

Sobre a súa fundación existen datos que apuntan a que o embrión da cidade foi unha dos tantos pobos de misión que os misioneiros franciscanos construíron cando aqueles territorios de Texas e California eran da coroa de España. A misión de San Antonio, en concreto, fundouna o misioneiro Frei Antonio de Oliveirais de Moguer, (Huelva - España). O núcleo fundacional foi poboado por un grupo dunha vintena de familias canarias, forzadas pola Coroa Española á emigración mediante o "tributo ou imposto de sangue", para o fortalecemento dos territorios americanos recentemente integrados na Coroa.

Datos diversos

A cidade ten unha poboación de 1.144.646 habitantes. A cidade é moi famosa polo Paseo do Río, as misións españolas, o Hemisfair Tower e El Álamo. Ten unha importante poboación hispana.

A súa poboación, a maioría hispanos, constitúe un mercado importante para todo tipo de artigos de consumo. É unha das cidades máis visitadas de Estados Unidos, con ao redor de 20 millóns de turistas por ano.

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.

Nova York

Os Ánxeles

Chicago
1 Nova York Nova York 8.622.698 11 Austin Texas 950.715
2 Os Ánxeles California 3.999.759 12 Jacksonville Florida 892.062
3 Chicago Illinois 2.716.450 13 San Francisco California 884.363
4 Houston Texas 2.312.717 14 Columbus Ohio 879.170
5 Phoenix Arizona 1.626.078 15 Fort Worth Texas 874.168
6 Filadelfia Pensilvania 1.580.863 16 Indianapolis Indiana 863.002
7 San Antonio Texas 1.511.946 17 Charlotte Carolina do Norte 859.035
8 San Diego California 1.419.516 18 Seattle Washington 724.745
9 Dallas Texas 1.341.075 19 Denver Colorado 704.621
10 San Jose California 1.035.317 20 Washington, D.C. Distrito de Columbia 693.972
Datos do censo de 2017.[1]


  1. Annual Estimates of the Resident Population for Incorporated Places of 50,000 or More, Ranked by July 1, 2017