ADEOS 1
ADEOS 1 / Midori | |
---|---|
Lanzamento de ADEOS 1 | |
Tipo | Observación terrestre |
Organización | NASDA |
Contratistas principais | Mitsubishi Electric[1] |
Data de lanzamento | 17 de agosto de 1996[2][3][4][5] |
Foguete portador | H-2[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[1][3] |
Obxectivo da misión | Observación da superficie terrestre en diferentes lonxitudes de onda[1][3] |
NSSDC ID | 1996-046A |
Masa | 3500 kg[1][3] |
Dimensións | Corpo principal de 4 x 4 x 5 m cun panel solar, unha vez despregado, de 3 x 13 m[1][3] |
Baterías | Cinco baterías de níquel-cadmio[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7174,0 km[2] |
Inclinación | 98,5 graos[2] |
Apoapse | 803,4 km[2] |
Periapse | 802,7 km[2] |
ADEOS 1, ou simplemente ADEOS (acrónimo de Advanced Earth Observation Satellite), renomeado como Midori (verde, en xaponés[6]) tras a súa posta en órbita, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 17 de agosto de 1996 mediante un foguete H-2 desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][3]
Características
A misión de ADEOS 1 consistiu en facer observacións de cambios medioambientais na Terra. Foi inxectado nunha órbita heliosincrónica e rebautizado como Midori 1. Deseñado modularmente, o corpo principal medía 4 x 4 x 5 metros e o panel solar, unha vez despregado, medía 3 metros de ancho por 13 metros de longo. O satélite estabilizábase nos tres eixos mediante catro volantes de inercia e dous propulsores alimentados por hidracina. O coñecemento da actitude da nave proviña de dous magnetómetros e unha unidade de referencia inercial. O panel solar, composto por células de arseniuro de galio, alimentaba cinco baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de 35 amperios-hora e proporcionando ata 4,5 kW de potencia a unha tensión de entre 34 e 52 voltios.[1][3][5]
Os datos do satélite enviábanse ben directamente a terra en banda S (cunha velocidade de subida de 500 bps e de baixada de 4 Mbps) ou banda X, ben indirectamente a través do satélite ETS-6 usando s banda Ka, cunha velocidade de 120 Mbps. Adeos 1 levaba a bordo grabadoras para almacenar os datos.[3][5]
ADEOS 1 deixou de funcionar o 30 de xuño de 1997, dous anos antes de cumprir a súa expectativa de vida, de tres anos. A falta de datos do dispersómetro NSCAT debido ao fin prematuro da misión foi compensada co lanzamento ex profeso do satélite QuikScat.[1][3]
Instrumentos
ADEOS 1 levaba oito instrumentos a bordo:[1][3][5]
- OCTS (Ocean Color and Temperature Scanner)
- AVNIR (Advanced Visible and Near-Infrared Radiometer)
- NSCAT (NASA Scatterometer)
- TOMS (Total Ozone Mapping Spectrometer)
- POLDER (Polarization and Directionality of the Earth's Reflectances)
- IMG (Interferometric Monitor for Greenhouse Gases)
- ILAS (Improved Limb Atmospheric Spectrometer)
- RIS (Retroreflector in Space)
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ADEOS 1 (Midori)" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ADEOS" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 NASA (4 de novembro de 2011). "ADEOS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 7 de marzo de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 21 October 1996 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (96-86918T): 2. 29 de outubro de 1996. Consultado o 7 de marzo de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "ADEOS" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2012.
- ↑ David Darling, David Darling (2012). "ADEOS (Advanced Earth Observing Satellite)" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2012.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ADEOS 1 |