Príncipe da Beira
Príncipe da Beira é, desde 1734, ao sucesor do herdeiro da Coroa de Portugal que, á súa vez ten o título de Príncipe Real. Sería así un título honorífico destinado a sinalar ao segundo individuo da liña sucesoria. O territorio ao que fai referencia o título é a antiga provincia portuguesa da Beira. Hoxe en día é usado por D. Afonso de Santa Maria, fillo máis vello do pretendente ao trono portugués, o Príncipe Real D. Duarte Pio.
O título Princesa da Beira foi creado en 1645, por D. João IV, como designación da filla máis vella do monarca, independentemente de ser ou non, herdeira da coroa. O título Príncipe do Brasil estaba reservado aos primoxénitos varóns do monarca, estes si, cando existisen, sempre herdeiros da coroa. Até entón o herdeiro real tiña o simple título de Príncipe, sendo que a filla máis vella do monarca só o recibía se non tivese irmáns varóns.
O 17 de decembro de 1734 o rei D. João V reorganiza o sistema de títulos da familia real. A partir de aí, tanto o título de Príncipe do Brasil como o de Príncipe da Beira poderían ser atribuídos a persoas dos dous sexos. Pasaba a ser Príncipe ou Princesa do Brasil o herdeiro ou herdeira ao trono. O título de Príncipe da Beira pasaba a ser o do fillo herdeiro do Príncipe do Brasil (por tanto, o segundo na liña de sucesión). Polo novo sistema, a primeira Princesa da Beira foi a neta de D. João V, D. Maria Francisca, futura raíña D. Maria I. O Primeiro Príncipe da Beira do sexo masculino foi D. José, fillo da Princesa D. Maria Francisca.
Ao título de Príncipe da Beira é asociado o tratamento de Alteza Real (S.A.R.)
Princesas da Beira, na calidade de fillas máis vellas do monarca
- D. Joana (1638-1645-1653), na calidade de filla máis vella de D. João IV
- D. Catarina Henriqueta (1639-1653-1705), na calidade de filla máis vella de D. João IV, en virtude da morte da Princesa D. Joana, tornándose despois Raíña de Inglaterra
- D. Isabel Luísa (1668-1683-1690), na calidade de filla máis vella de D. Pedro II, sendo presunta herdeira do trono até ao nacemento do Príncipe D. João
- D. Maria Bárbara na calidade de filla máis vella de D. João V, tornándose despois Raíña de España
Príncipes da Beira, na calidade de segundos na liña de sucesión
- D. Maria Francisca (1734-1816), na calidade de primoxénita do Príncipe D. José (herdeiro presunto ao trono), tornándose despois, sucesivamente, Princesa do Brasil e Raíña.
- D. José (1761-1788), na calidade de primoxénito da Princesa D. Maria Francisca (presunta herdeira ao trono), tornándose despois Príncipe do Brasil.
- D. Maria Teresa (1793-1874), na calidade de primoxénita do Príncipe D. João (herdeiro presuntivo do trono), perdendo o título ao nacer D. Francisco António, por este ser varón.
- D. Francisco António (1795-1801), na calidade de varón máis vello do Príncipe D. João (presunto herdeiro ao trono).
- D. Pedro de Alcântara (1798-1834), despois da morte de D. Francisco António, na calidade varón primoxénito do Príncipe D. João (herdeiro presunto ao trono), tornándose despois, sucesivamente, Príncipe Real do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves, Emperador do Brasil e Rei de Portugal.
- D. Maria da Gloria (1819-1853) (1ª vez), na calidade de primoxénita herdeira do Príncipe D. Pedro de Alcântara, perdendo o título ao nacer D. João Carlos, por este ser varón.
- D. Miguel (1820), na calidade de varón máis vello do Príncipe D. Pedro de Alcântara.
- D. João Carlos (1821-1822), na calidade de varón máis vello do Príncipe D. Pedro de Alcântara.
- D. Maria da Gloria (1819-1853) (2ª vez), en virtude de volver a ser a herdeira de D. Pedro de Alcântara en relación ao trono de Portugal, ao morrer o Príncipe D. João Carlos.
- Luís Filipe (1887-1908), na calidade de primoxénito do Príncipe D. Carlos (presunto herdeiro ao trono), tornándose despois Príncipe Real.
Reivindicacións pos-Monarquía
Reinvindicaram, tamén, o título de Príncipe da Beira:
- D. Duarte Pio (nacido en 1945), na calidade de primoxénito de D. Duarte Nuno (pretendente ao trono), adquirindo despois o título de Príncipe Real, que reinvindica igualmente.
- D. Soraia de Bragança (nacida en 1965), na calidade de primoxénita de D. Rosário de Bragança (pretendente ao trono).
- D. Afonso de Santa Maria (nacido en 1996), na calidade de primoxénito de D. Duarte Pio (pretendente ao trono).