31/3/08

NORABOA A "FUNERARIA RIVAS" POLA UTILIZACION DO NOSO IDIOMA


Queremos felicitar a empresa soberina "FUNERARIA RIVAS", pola utilización do noso idioma en todas a suas esquelas dende principios de ano.

Ata o de agora, a empresa utilizaba o galego cando a familia do finado/a o requeria; pero dende principios de ano todas as esquelas que editou a funeraria soberina foron redactadas en galego. Por certo, a xente aceptou de moi bo grado esta iniciativa que só nos resta aplaudir.

Animamos a outras empresas a seguir o exemplo.

26/3/08

FOTOS E VIDEO DA XXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI




Xa fai días que se celebrou a Feira do Viño de Amandi, e as vacacións de Semana Santa Fixeron que non actualizasemos este blog ata hoxe.

A continuación facilitamos un enlace da web do profesor e bó amigo José Ramon Casanova con un video e un albun interesante de fotografías da última edición da Feira do viño de Amandi.

Lembramos que na presente edición as adegas que resultaron ganadoras do concurso de cata foron:

Adega LOBEIRAS de Barantes co viño Priscilus, Adega GUIMARO de Santa Cruz de Brosmos e Adega ESTRELA de Vilachá de Doade.


O enlace o que remitimos é o seguinte:


14/3/08

PROGRAMACION OFICIAL DA XXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI


A continuación trasladamos o programa oficial que presenta o Concello de Sober para a XXVIII Feira do Viño de Amandi que se celebrará como sompre o Sábado e Domingo de Ramos, neste caso 15 e 16 de Marzo.


SABADO 15

11:30.- Lanzamento de 28 bombas de palenque anunciando o comezo da XXVIII Feira do Viño de Amandi.
12:00.- Apertura de stands. Comezo da actuación de grupos rexionais e a Charanga Os Chispas de Ourense, que amenizarán a feira o longo de toda a xornada.
12.30.- Concurso exhibición dos alumnos da Escola Municipal de fútbol.
13:45 .- Inauguración da feira polo Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suarez Canal.
16.30.- Xornada de Tenis de mesa e Gymkana deportiva .
18:00.-CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SOBER
18:30.-Inicio da precata oficial. O panel de cata será o seguinte:
Dona Gloria Marino: Directiva da Asociación Galega de Sumilleres.
D. Daniel Romay Piñeiro: Vocal por Lugo da Asociación de sumilleres Gallaecia.
D. Ruben Moure Fernández: Comité de Cata do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.
D. José Manuel Fernández Anguiano: Directivo da “ Irmandade dos Viños Galegos”.
D. Xose Lois Sebio: Directivo da asociación galega de Catadores.
21:00. BAILE Amenizado pola orquestra "OS PLAYERS" na Praza do Toural.


DOMINGO 16

10:30.- 23 Bombas de palenque, unha na honra de cada un dos adegueiros participantes.
10:45.- Actuación de grupos rexionais e charanga que amenizarán a feira o longo de toda a xornada.
11:00.-Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober.
11:30.-Comezo da Cata Final no salon de actos do Centro Sociocultural co panel de cata do día anterior.
12:00.-Misa Solemne e bendición de Ramos na Igrexa de Sober.
12:30.-RecepcióndeAutoridades.
13:00.-Pregón- Espectáculo.
- Entrega de premios ós participantes no certame literario.
17:30.-Entrega de premios ós adegueiros gañadores da cata na Casa Grande de Rosende. (os tres ganadores quedarán reflexados nun panel habilitado no recinto feiral).
20:00.-Baile Verbena ca Orquestra FIN DE SEMANA no Toural.
EXPOSICIÓN DA FUNDACIÓN CAIXA GALICIA: "ROSALÍA E CABANILLAS A TRAVÉS DO VIÑO"
SALA EXPOSICIÓN Nº 2.- (CENTRO SOCIOCULTURAL)

7/3/08

XUVENTUDES MUSICAIS TEN ULTIMADO O PROGRAMA "PRIMAVERA MUSICAL" 2008, QUE SE INICIARÁ CO CONCERTO DA ORQUESTRA DE CAMARA GALEGA O 29 DE MARZO




A asociación Xuventudes Musicais de Sober, ten totalmente perfilado o programa de concertos para o ciclo "PRIMAVERA MUSICAL". Quizais o deste ano sexa o mellor programa dos ofrecidos ata a data.
As actividades iniciaranse o Sábado 29 de Marzo ás 8 da tarde co concerto da ORQUESTRA DE CAMARA GALEGA que dirixe Rogelio Groba Otero -fillo do compositor Rogelio Groba.
A orquestra actuará por un convenio entre Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e maila Fundación Rogelio Groba, que están a desenvolver un programa de concertos que teñen como obxectivo a difusión da música clásica feita en Galicia entre distintos sectores da poboación, como son a xuventude e a terceira idade. Froito desta colaboración, xa se interpretaron obras dos nosos autores en lugares como Bos Aires, así como en distintos puntos de Galicia e do resto do Estado. Este ciclo terá continuidade ao longo do presente ano con máis dunha ducia de concertos por toda a xeografía española así como en Nova Iorque.

O programa para interpretar en Sober será o seguinte:
I PARTE:
Divertimento para cordas …………..………..… R. Groba Otero
- Allegro pesante
- Tempo fúnebre
- Allegro - molto moderato - allegro
Impresión nocturna …………………….…..……… Andrés Gaos Agochado………………………………………………... Rogelio Groba
II PARTE:
Sonata nº 7 para orquestra ……………….……. Antonio Carlos Gomes
- Allegro animato
- Allegro scherzoso
- Largo
- Adagio
- Lento e calmo
- Vivace
(“O burrico de pau”)
Catro momentos nº 3..…………………….………… Ernani Aguiar
- Tempo de Maracatú
- Tempo de Cabocolinos
- Canto
- Marcha
A plantilla da orquestra formana os seguintes profesores:
Violíns:
Rogelio Groba Otero (director-concertino), Beatriz Rodríguez Caridad, Enrique Agrelo Otero, Olalla Canoura López, Manuel Fernández Gayol, Mª Isabel Sanjuán Pérez, Teresa Dieste Vilas, Xacobe Lamas Carral.
Violas:
Raquel Sanpedro del Castillo, José A. Folgueiras López, Susana López Iglesias, Rodrigo Tubío Barreira.
Violoncellos:
Clara Groba Otero, Elena Pérez Iglesias, Adriana Lorenzo Iglesias.
Contrabaixos:
Joaquín Pallás Fuertes, Adolfo Alemany Alemany.
A ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA, foi fundada en 1995 e fixo o seu debú dentro do XLIV Festival de Ópera da Coruña. Presenta un repertorio que abarca diferentes épocas e estilos, do barroco temperán á actualidade, facendo fincapé nos autores contemporáneos. Nesta liña, dende 2003 a súa actividade estivo ligada ao estudo e difusión da obra de Rogelio Groba Groba, canalizada a través dunha estreita e constante colaboración coa Fundación R. Groba. Integrada por músicos profesionais formados en diferentes conservatorios europeos, colaborou con profesionais da talla de Ara Malikian, Juan de Udaeta, José Luís Estellés, Anthony Pay, Teresa Berganza ou Juan Lomba. Tamén realizou gravacións para RTVG e RTVE, participou na VI e VII edicións do Festival Internacional de Galicia, e en numerosos concertos por toda a xeografía española. En 2005 foi responsable da estrea mundial da ópera de Manuel García, “Don Quijote” na Real Maestranza de Sevilla. O seu primeiro disco, editado por Boanergies, acadou excelentes críticas na prensa especializada destacando as “cinco estrelas ao mellor son” da revista Amadeus, e inclúe obras de Rakov, Elgar, Groba Groba e Groba Otero. O seu segundo CD, integrado só por obras de Rogelio Groba co gallo do seu 75 Aniversario, foi publicado en 2005 polo selo Iberautor da SGAE. Recentemente actuou no prestixioso festival vienés Spanish Modern con gran acollida por parte do público, presentando estreas absolutas de obras de compositores galegos, e realizou unha exitosa xira por Arxentina actuando en lugares tan emblemáticos como a Iglexa da Santa Cruz, o Antigo Congreso ou o Teatro Metropolitan. A OCGA segue o modelo de dirección do século XVIII a través da figura do director-concertino, posto ocupado dende a súa formación por Rogelio Groba Otero.
O seu director ROGELIO GROBA OTERO é Titulado Superior na especialidade de Violín e Música de Cámara, continúa a súa preparación durante varios anos en Londres con Detlef Hann, profesor de la Guidhall School of Music and Drama. En 1995 funda como director-concertino a Orquestra de Cámara Galega. En 2000, dirixe a gravación da súa propia obra, Divertimento para cordas, incluída no primeiro CD desta formación, e en 2005 a gravación do segundo CD adicado integramente á obra do seu pai Rogelio Groba Groba. En maio de 2007 dirixiu á OCGA no Spanish Modern Festival de Viena onde obtivo un gran éxito de público e crítica interpretando obras de compositores galegos, e en agosto nunha exitosa xira por Arxentina. Realizou gravacións para Radio Galega, TVG, TV3, TVE e RNE, e ademais de España, actuou en Portugal, Francia, Gran Bretaña, Arxentina, Chile, Uruguai, Colombia e Venezuela. Ademais de director-concertino da Orquestra de Cámara Galega, é presidente da Asociación Galega de Música de Cámara, patrono da Fundación Rogelio Groba Groba, profesor superior de Violín e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de A Coruña e director da Orquesta Sinfónica do Conservatorio de Música de A Coruña.

Os concertos que completan a PRIMAVERA MUSICAL 2008 seran os seguintes:
Artemis Trio, (Frauta, Violín e Violonchelo): 19 de abril
José Antonio Domené, (arpa): 17 de mayo
Ignacio Martínez (trompeta) e piano (data sen confirmar)
Sen dubida un programa de concertos extraordinario para disfrutar en Sober da mellor musica.