Territorio indio
Indian territory (en) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Oklahoma | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1834 | ||||
Disolución | 16 de novembro de 1907 | ||||
Sucedido por | Oklahoma | ||||
Como termos xenéricos, Territorio indio, os Territorios indios ou País indio describen un terrero ofrecido polo goberno dos Estados Unidos de América para recolocar pobos indíxenas que tiveran os seus fogares nesas terras. En xeral, as tribos cedéronllas ó goberno en troques duns territorios que os Estados Unidos adquiriran de Napoleón Bonaparte, a compra de Luisiana. O concepto dun "territorio indio" provén dunha política de deportación dos nativos. Despois da Guerra Civil Norteamericana, a política do goberno converteuse nunha de asimilación cultural.
O termo reserva india describe as terras que o Goberno británico puxo a disposición dos indios entre os Montes Apalaches e o río Mississippi na época anterior á Guerra de Independencia.
O Territorio Indio referiríase posteriormente a un territorio non organizado cuxas fronteiras foron feitas nun comezo pola Intercourse Act (Acta de Relacións) de 1834, e foi o herdeiro do Territorio de Missouri, trala proclamación do estado de Missouri. As fronteiras do Territorio foron reducíndose a medida que o Congreso foi aprobando varias "Actas Orgánicas" para crear novos territorios. O Oklahoma Enabling Act creou o estado de Oklahoma a partir do Territorio de Oklahoma e o Territorio Indio, acabando coa existencia deste último.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Territorio indio |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Confer, Clarissa W. The Cherokee Nation in the Civil War (University of Oklahoma Press, 2007)
- Edwards, Whit. "The Prairie Was on Fire": Eyewitness Accounts of the Civil War in the Indian Territory (Oklahoma Historical Society, 2001)
- Gibson, Arrell Morgan. "Native Americans and the Civil War," American Indian Quarterly (1985), 9#4, pp. 385–410 in JSTOR
- Minges, Patrick. Slavery in the Cherokee Nation: The Keetowah Society and the Defining of a People, 1855-1867 (Routledge, 2003)
- Reese, Linda Williams. Trail Sisters: Freedwomen in Indian Territory, 1850-1890 (Texas Tech University Press; 2013), 186 pages; STUDIES black women held as slaves by the Cherokee, Choctaw, and other Indians
- Smith, Troy. "The Civil War Comes to Indian Territory", Civil War History (setembro de 2013), 59#3, pp. 279–319 online
- Wickett, Murray R. Contested Territory: Whites, Native Americans and African Americans in Oklahoma, 1865-1907 (Louisiana State University Press, 2000)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Twin Territories: Oklahoma Territory – Indian Territory
- Encyclopedia of Oklahoma History and Culture – Indian Territory
- High resolution maps and other items at the National Archives
- See 1890s photographs of Native Americans in Oklahoma Indian Territory hosted by the Portal to Texas History
- TREATIES BY TRIBE NAME Vol. II (Treaties) in part. Compiled and edited by Charles J. Kappler. Washington: Government Printing Office, 1904
- Oklahoma Digital Maps: Digital Collections of Oklahoma and Indian Territory