Luciano Sobral
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) Poio, España |
Alcalde de Poio | |
1995 – 2023 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Luciano Sobral Fernández, nado en Poio en 1953, é un político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Autónomo de transporte. Foi concelleiro e cabeza de lista do BNG en Poio dende 1979. Nas eleccións municipais de 1995 foi elixido alcalde de Poio co apoio do PSdeG-PSOE, formando un goberno bipartito. Nas municipais de 1999 e 2003 foi reelixido alcalde con maioría absoluta.
Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta e viuse obrigado a pactar co PSdeG-PSOE para mantela alcaldía, formando un goberno de coalición. En 2011 recuperou posicións e foi a forza máis votada, se ben non alcanzou a maioría absoluta, polo que volveu ser elixido alcalde co apoio do PSdeG e formou un novo goberno bipartito. En 2015 foi a forza máis votada e revalidou a alcaldía cun novo pacto de goberno cos socialistas. No 2019 foi amplamente superado en votos polo PPdeG, se ben este non alcanzou a maioría absoluta e puido manter a alcaldía mediante un pacto de goberno co PSdeG e Avante Poio. Non se presentou á reelección no 2023, sendo relevado como cabeza de cartel do BNG pola súa compañeira Marga Caldas e finalmente na alcaldía polo popular Ángel Moldes Martínez.
Predecesor: Armando Couselo Soto |
Alcalde de Poio 1995 - 2023 |
Sucesor: Ángel Moldes Martínez |