Gaivota de Armenia
Aparencia
(Redirección desde «Larus armenicus»)
Gaivota de Armenia | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Larus armenicus Buturlin, 1934 | |||||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||||
Larus cachinnans armenicus |
A gaivota de Armenia[Cómpre referencia] (Larus armenicus) é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Características
[editar | editar a fonte]É unha especie moi semellante á gaivota patiamarela. Difire polo seu aspecto algo máis esvelto, polos ollos escuros e por presentaren unha marca vermella e outra negra sobre o peteiro. Tamén difire pola súa distribución, xa que vive en zonas moi interiores e incluso montañosas.
Distribución
[editar | editar a fonte]No verán cría en Asia Menor, o Cáucaso e norte de Irán. Inverna en Oriente próximo, Sinaí, Delta do Nilo. É rara na península de Arabia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2015). "Larus armenicus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 24 Xaneiro 2016.
- ↑ Armenian Gull en Avibase
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |