Saltar ao contido

Premios Globo de Ouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Globos de Ouro»)
Premios Globo de Ouro
Logo
Tipogrupo de premios e premio
Data de fundación1944
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.goldenglobes.com
IMDB: ev0000292 Facebook: GoldenGlobes Twitter: goldenglobes Instagram: goldenglobes Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os Premios Globo de Ouro (en inglés Golden Globe Awards) son galardóns de cine e de televisión outorgados pola prensa estranxeira acreditada en Hollywood. Creados en 1944, estes premios son considerados os máis importantes no mundo do cine e da televisión, despois dos Oscar e dos Emmy, respectivamente, se ben o número limitado de membros con dereito a voto fixo sospeitar a máis dun comentarista que estes poden ser presionados con facilidade -de feito en 1999 tiveron que xurar que non cederían a subornos- e que en realidade a cerimonia é unha escusa para reportar beneficios ós executivos da NBC.

As nomeamentos e os premios decídense por medio de votacións realizadas polos xornalistas estranxeiros en Hollywood. As cerimonias de entrega son diferentes ás dos outros dos premios, e celébranse durante unha cea á que asisten os nomeados e os xornalistas, ademais dalgúns invitados.

Dáse a circunstancia de que a entrega dos Globos de Ouro lévase a cabo pouco antes da votación final para os Oscar, de forma que os gañadores de Globos de Ouro teñen frecuentemente unha vantaxe adicional para conseguir tamén un Oscar dado que obrigan ós académicos a reparar nos traballos seleccionados para esta primeira.

Os Globos de Ouro entregábanse orixinalmente só para as películas de cine. A partir de 1956 engadíronse as categorías destes premios para as series e películas de televisión.

Categorías premiadas de cine

[editar | editar a fonte]

Categorías premiadas de televisión

[editar | editar a fonte]

Outras categorías

[editar | editar a fonte]

Outros premios

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]