Saltar ao contido

Especies ameazadas

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Especie en perigo»)

Exemplar de pita do monte, especie en perigo de extinción en Galicia.
Cycas micronesica (cícada), de Micronesia, que se atopa na categoría "ameazada" da UICN por mor dunha praga de insectos introducidos (Aulacaspis yasumatsui).

Unha especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo até colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir.

Non hai consenso sobre os criterios de inclusión dunha especie na lista das ameazadas. Hai unha interpretación corrente de que a preservación de especies ameazadas é incompatíbel coa explotación económica do ambiente en que viven, que debería ser preservado como un santuario ecolóxico intocábel. Isto é verdade nalgúns casos extremos, mais non en todos. Crece o número de propostas de uso económico sustentábel de hábitats naturais, combinando agricultura e gandaría coa preservación da cobertura vexetal e polo tanto da diversidade da flora e da fauna.

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

O estado de conservación dunha especie é un indicador da probabilidade de que esta especie ameazada continúe a existir. Os factores usados nesta clasificación inclúen a amplitude da área de distribución da especie, o nivel de ameaza a que está suxeita, a variación do tamaño da poboación, e outros.

Lista vermella

[editar | editar a fonte]
A categoría en perigo na versión 3.1 de 2008 da Lista Vermella da UICN.
A categoría en perigo crítico na versión 3.1 de 2008 da Lista Vermella da UICN.
O pimpín azul de Gran Canaria, unha especie en perigo crítico.

Entre as clasificacións do estado de conservación das especies animais e vexetais, a lista vermella da UICN é a máis coñecida.

A UICN usa as seguintes categorías:[1]

  • Extinta EX: o último representante de especie xa morreu, ou suponse que teña morrido. Exemplo: dodo.
  • Extinta na natureza EW: existen individuos en cativeiro, mais non hai máis poboacións naturais. Exemplo: dromedario.
  • Crítica ou criticamente ameazada CR: sofre risco extremadamente alto de extinción nun futuro próximo.
  • En perigo EN: sofre risco moi alto de extinción nun futuro próximo.
  • Vulnerábel VU: sofre alto risco de extinción a medio prazo. Exemplos: guepardo, camelo da Bactria
  • Case ameazada NT: aínda non sofre risco de extinción, mais as ameazas sobre ela son crecentes.
  • Segura ou pouco preocupante LC: non sofre ameaza inmediata a súa supervivencia.

A Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES) regula o comercio das especies ameazadas, co obxecto de asegurar a súa supervivencia. Contén tres "apéndices" nos que se clasifican estas especies. Todas as especies que se atopan en perigo de extinción se clasifican no Apéndice I, que é o que impón maiores restricións e limita o comercio destas especies só a casos excepcionais.[2] Ata 2009, 175 países se adheriran ao tratado.[3]

Clasificacións nacionais e subnacionais

[editar | editar a fonte]

Ademais das clasificacións internacionais, que comprenden a totalidade dos exemplares dun taxon a nivel mundial, outras empregan as mesmas categorías para indicar o grao de ameaza das poboacións dos taxons que habitan en zonas específicas, xeralmente a nivel estatal, aínda que tamén se emprega para rexións bioxeográficas ou entidades subestatais. Nestes casos as categorías asignadas a un mesmo taxon poden ser diametralmente opostas e un taxon pode ser abundante a nivel mundial, mais estar en perigo crítico nun país.

No caso de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente dispón, desde 2007, dun Catálogo galego de especies ameazadas.[4] Inicialmente figuraban nela 193 especies, e en 2011 engadíronse sete máis. Entre elas están, por exemplo, a ameixa perlífera de río, o cangrexo de río, a pita do monte (xa extinguida en Galicia), ou o oso pardo, ademais de decenas de especies de algas, liques, fentos, brións e plantas superiores, algunhas delas endémicas.[5]

Exemplos de especies ameazadas

[editar | editar a fonte]

Mamíferos ameazados

[editar | editar a fonte]

Aves ameazadas

[editar | editar a fonte]

Réptiles ameazados

[editar | editar a fonte]

Anfibios ameazados

[editar | editar a fonte]

Peixes ameazados

[editar | editar a fonte]

Crustáceos ameazados

[editar | editar a fonte]

Outros artrópodos ameazados

[editar | editar a fonte]

Plantas ameazadas

[editar | editar a fonte]

Nunha escala global, arredor do 12,5 % (unhas 34 000 especies) das plantas vasculares están na categoría de "ameazadas".[6] Porén, outras estimacións indican que o número de especies ameazadas probablemente se atope entre as 94 000 e as 144 000, é dicir, o 47% da flora mundial.[7] A Lista Vermella do 2008 (UICN) incluíu a avaliación de 12 055 especies de plantas, das que 8457 se atopaban ameazadas. Non obstante só se avaliou arredor do 4% (principalmente cícadas e coníferas) de aproximadamente 298 506 especies de plantas descritas, polo que non se pode dicir a partir dos datos achegados pola UICN que o 3% da flora mundial estea ameazada.[8]

Un exemplo de planta ameazada é a Tecophilaea cyanocroccus.

  1. UICN (2001). "Categorías y Criterios de la Lista Roja de la UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies de la UICN" (PDF). Gland, Suíza e Cambridge, Reino Unido. pp. ii + 33 pp. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2009. Consultado o 01 de xuño de 2016. 
  2. CITES. "¿Cómo funciona la CITES?". Consultado o 13-2-2009. 
  3. CITES. "Países miembros". Arquivado dende o orixinal o 26-02-2009. Consultado o 13-2-2009. 
  4. Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas. (DOG do 9 de maio de 2007). Consultado o 12 de febreiro de 2020.
  5. Manuel Rey (9 de maio de 2018): O 98,5% das especies ameazadas en Galicia aínda non conta con plan de protección, en GCiencia. Consultado o 12 de febreiro de 2020.
  6. Coates, D.J.; Dixon, K.W. (1 de xaneiro de 2007). "Current perspectives in plant conservation biology". Australian Journal of Botany 55 (3): 187–193. Consultado o 21 de decembro de 2015. 
  7. Pitman, Nigel C. A.; Jørgensen, Peter M. (1 de novembro de 2002). "Estimating the Size of the World's Threatened Flora". Science (en inglés) 298 (5595): 989–989. ISSN 0036-8075. PMID 12411696. doi:10.1126/science.298.5595.989. Consultado o 21 de decembro de 2015. 
  8. Hilton-Taylor C., Pollock C.M., Chanson J.S., Butchart S.H.M., Oldfield T.E.E., Katariya V. (2009). Vié, J.-C., Hilton-Taylor, C. and Stuart, S.N., ed. State of the world's species (PDF). p. 15. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de decembro de 2015. Consultado o 29 de maio de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]