Saltar ao contido

Comarca de Asón-Agüera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Comarca do Asón-Agüera»)
Modelo:Xeografía políticaComarca de Asón-Agüera
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°17′18″N 3°26′46″O / 43.28834, -3.44607
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie261,28 km² Editar o valor en Wikidata

A Comarca de Asón-Agüera é unha comarca histórica de Cantabria, en España. Atópase nos cursos altos dos ríos Asón e Agüera, moi preto do límite con Biscaia (País Vasco). Abarca a conca pola que discorre o río Asón e os seus afluentes como o río Gándara. A súa capital é Ramales de la Victoria.

A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]

A poboación total da comarca alcanza a cifra de 14.240 habitantes, segundo datos do INE do ano 2006. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maio a menor, son: Ampuero (3.951), Ramales de la Victoria (2.333) e Guriezo (2.101). E os seus tres núcleos menos poboados, de menor a maior, son: Valle de Villaverde (373), Arredondo (558) e Rasines (999).

Concellos

[editar | editar a fonte]
Concellos máis poboados da comarca
Posición Concello Poboación
Ampuero 3.682
Ramales de la Victoria 2.312
Guriezo 1.979

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Val do Asón.

Val do Asón

[editar | editar a fonte]

O val do Asón destaca polos seus escabrosos macizos calcarios, que albergan no seu interior unha extraordinaria riqueza espeleolóxica, así como maxestosos e interesantes centenarios bosques de faias, carballos e aciñeiras, sen dúbida os máis notables da zona oriental de Cantabria. Cabe destacar as súas belas paisaxes de montaña aos que se unen os vales con verdes praderias.

Val de Soba

[editar | editar a fonte]

Este val é percorrido polo río Gándara, afluente do Asón. Os límites históricos e municipais de Soba exceden aos do val xeograficamente entendido, e inclúen tamén a cabeceira do Asón, a marxe dereita do val do río Miera (Valdició, localidade do municipio de Soba) e a marxe esquerda do val do río Calera, limítrofe coa provincia de Biscaia.

  1. Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da Comunidade Autónoma de Cantabria. [1] Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]