Saltar ao contido

Anafilaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Choque anafiláctico»)
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Anxioedema alérxico: este neno non é capaz de abrir os ollos debido ao inchazo.

A anafilaxe é unha reacción inmunitaria severa, xeneralizada, de rápida instalación e potencialmente mortal, ante o contacto do organismo cunha substancia que provoca alerxia.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Con maior frecuencia é o resultado de reaccións inmunolóxicas aos alimentos, medicamentos e picadas de insectos, pero pódea inducir un axente capaz de producir unha desgranulación espontánea, sistémica, de mastocitos ou basófilos.[3]

A anafilaxe diferénciase da alerxia pola extensión da reacción inmunitaria que compromete particularmente ao sistema respiratorio e ao cardiovascular. Cando nas manifestacións da anafilaxe se pon en risco inmediato e repentino a vida do paciente, utilízase o termo choque anafiláctico.

O risco de choque anafiláctico pode ocorrer cando se utilizan medios de contraste en radioloxía, ou se aplican algúns fármacos terapéuticos que se comportan como alérxenos aos cales o suxeito está sensibilizado.

O termo anafilaxe foi acuñado por Charles Robert Richet, que foi galardoado co Premio Nobel de Medicina de 1913, en recoñecemento aos seus traballos sobre a anafilaxe.[4]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anafilaxe.
  2. Sampson, Hugh A. et al. (2006): Second symposium on the definition and management of anaphylaxis: Summary report—Second National Institute of Allergy and Infectious Disease/Food Allergy and Anaphylaxis Network symposium (Segundo simposio acerca da definición e manexo da anafilaxe: resume do segundo reporte do simposio do Instituto de alerxias e enfermedades infecciosas e da rede de alerxias e anafilaxe) 117 (2): 391-397. Consultado o 11 de xuño de 2020.
  3. Kemp, S. F. & Lockey, R. F. (2002): "Anaphylaxis: a review of causes and mechanisms". J. Allergy Clin. Immunol. 110: 341-348.
  4. The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1913 was awarded to Charles Robert Richet "in recognition of his work on anaphylaxis". en Fuundación Nobel. The Nobel Prize.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.