Saltar ao contido

América Central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Centroamérica»)
Modelo:Xeografía físicaAmérica Central
Imaxe
Tiposubcontinente (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deAmérica
América do Norte
América Latina
América do Sur Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 12°N 86°O / 12, -86
Comparte fronteira conAmérica do Sur Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Punto máis altoTajumulco Editar o valor en Wikidata  (4.203 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie560.988 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575372

América Central (Gl-América Central.ogg pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América.[1] Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá. A poboación combinada de América Central estímase entre 41 739 000 (estimacións de 2009)[2] e 42 688 190 (estimacións de 2012).[3]

América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de Mesoamérica, que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas fallas xeolóxicas activas e do arco volcánico centroamericano, existe unha grande actividade sísmica na rexión, como erupcións volcánicas e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.

Na era precolombiana, América Central estaba habitada por pobos indíxenas de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de Cristovo Colón a América, España comezou a colonizar América. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de Chiapas) estaban gobernados polo vicerreinado de Nova España dende Cidade de México como Capitanía Xeneral de Guatemala. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español Juan O'Donojú asinou os Tratados de Córdoba, que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España.[4] O 15 de setembro de 1821, promulgouse a Acta de Independencia de América Central para anunciar a separación de América Central do Imperio Español e prever o estabelecemento dun novo estado de América Central. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica) foron anexionadas ó Primeiro Imperio Mexicano; porén, en 1823 separáronse de México para formar a República Federal de América Central, que durou até o ano 1838.

En 1838, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Guatemala convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos polo Salvador en 1841, Panamá en 1903 e Belize en 1981.

Presúmese que estivo conectada co mar Mediterráneo na Era Paleozoica (225 – 570 m.a.), e separouse a medida que se formaba o océano Atlántico. A Fosa de Bartlett, entre Cuba e Xamaica ten 7.686 metros de profundidade. Fronte as costas de Belize encóntrase a segunda barreira de coral máis grande do mundo con 282 quilómetros.

  1. "Central America". central-america.org. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2016. Central America is located between North and South America and consists of multiple countries. Central America is not a continent but a subcontinent since it lies within the continent America. It borders on the northwest to the Pacific Ocean and in the northeast to the Caribbean Sea. The countries that belong to the subcontinent of Central America are Belize, Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua, Mexico and Panama. 
  2. IBP, Inc (2009). Central America Economic Integration and Cooperation Handbook Volume 1 Strategic Information, Organizations and Programs. p. 8. ISBN 978-1-4387-4280-9. 
  3. Index Mundi (2012). "Population – Central America & the Caribbean". Index Mundi. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  4. Editors, History com. "Spain accepts Mexican independence". HISTORY (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]