Xestela
Xestela | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xestela (Equisetum arvense) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Equisetum arvense' Linnaeus, 1753 |
A xestela,[1] herba estañeira[2] ou rabo de cabalo (Equisetum arvense) é unha especie de fento pertencente á familia das equisetáceas. É considerada planta medicinal; é común en Galiza.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un arbusto perenne con talo rizomatoso, distribuído no hemisferio norte. Pode contar con talos estériles e fértiles. Os estériles comezan a medrar despois de que os fértiles agromasen; e adoitan ser máis longos e arbustivos. Eses segmentos conteñen un feixe de pólas erectas, até 20 segmentos de 5 a 50 cm de longo. Os fértiles adoitan ser a metade de longos ca os estériles e normalmente máis suculentos.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Atópase xeralmente no hemisferio norte. Necesita de certa humidade edáfica e ambiental, polo que acostuma medrar preto de regueiros ou en solos lamacentos. Espállase por todo o litoral ibérico, incluíndo as Illas Baleares até os 1.800 metros de altitude. Falta no extremo sur da Comunidade Valenciana.
Composición química
[editar | editar a fonte]- Oligoelementos: Ten silicio orgánico (unido a proteínas) e sales ricas en potasio, magnesio e aluminio.
- Saponósidos: o principal é a equisetonina (5%).
- Flavonoides e Taninos.
Propiedades
[editar | editar a fonte]A xestela ten varios compostos químicos, usados coma menciñas. Rico en minerais silicatados (10%), potasio e calcio, con propiedades diuréticas. É prescrita para coidar tecidos conxuntivos (cartilaxes, tendóns, e ósos) e tamén pólipos, epistaxes, e sangrados. Os rebentos cómense coma vexetais no Xapón pola primavera. Ten un moi alto número diploide - 216 (108 pares de cromosomas) - 5 veces máis grande ca o número humano diploide (46).
Usos na menciña herborista
[editar | editar a fonte]Na menciña popular a xestela gozaba dende tempos moi remotos de gran prestixio, especialmente polo seu poder hemostático e eficacia contra as graves afeccións dos riles e da vexiga. Actualmente emprégase para combater as hemorraxias, vómitos de sangue, as afeccións renais e vesicais, os cálculos e as pedras. A xestela axuda en casos onde outros diuréticos non adoitan dar resultados, como por exemplo nas hidrocardias, na hidropersía da pleura costal ou en trastornos renais por mor á escarlatina ou outras graves doenzas.[3]
Outros usos
[editar | editar a fonte]- Antigamente comíanse os seus talos como se fosen espárragos.
- Tradicionalmente facíanse estropallos para limpar utensilios de estaño.
- En agricultura ecolóxica utilízase coma remedio natural contra fungos e pragas.
- Tamén é moi usado coma complemento alimentario, vendido en herboristarías e supermercados coma diurético.
Denominación popular
[editar | editar a fonte]A xestela, único nome recollido no dicionario da Real Academia Galega recibe outros nomes populares galegos, como herba estañeira e rabo de cabalo[4]. Outras denominacións son chifre, cabaliña e herba canuda.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]- Equisetum hiemale L
- Equisetum maximum L
- Equisetum telmateia L
- Equisetum riparium Fr. [1843]
- Equisetum campestre Schultz [1819]
- Equisetum boreale Brongn. [1831]
- Equisetum arcticum Rupr. [1845]
- Presla arvensis (L.) Dulac [1867, Fl. Hautes-Pyr. : 26]
- Allostelites arvense (L.) Börner
- Variedades
- Equisetum arvense var. serotinum G.Mey. [1836]
- Equisetum arvense var. nemorosum A.Br. in Döll [1859]
- Equisetum arvense var. irriguum Milde [1851]
- Equisetum arvense var. duffortianum Hy [1898]
- Equisetum arvense var. alpestre Wahlenb. [1812]
- Equisetum arvense subsp. riparium (Fr.) Nyman [1884]
- Equisetum arvense subsp. alpestre (Wahlenb.) Arcang. [1882]
- [1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xestela.
- ↑ Nome común galego preferido en Termos Esenciais de Botánica, entrada 383 da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002
- ↑ 6.Treben, Maria, (aut.). Salud de la Botica del Señor. Ennsthaler. 5ª ed.(1999). 108 páxinas
- ↑ Rabo de cabalo e xunto a xestela o termo máis recollido nos distintos dicionarios galegos - http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=Xestela&tipo_busca=lema
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xestela |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xestela |