Saltar ao contido

Fernando González de Traba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando González de Traba
Biografía
Mortedécada de 1160 Editar o valor en Wikidata
Conde de Traba
Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Traba Editar o valor en Wikidata
PaiGonzalo Fernández de Traba Editar o valor en Wikidata
IrmánsGómez González de Traba Editar o valor en Wikidata

Fernando González de Traba ou Fernão Gonçalves (fl. 11591165) foi un nobre galego e xefe da Casa de Traba durante o reinado de Fernando II. Era o primoxénito de Gonzalo Fernández de Traba e Elvira Rodríguez. Foi o alférez do reino desde abril de 1159 ata polo menos o 31 de xullo de 1160. Foi recoñecido como conde, o rango nobiliario máis alto do reino, o 13 de xaneiro de 1160 en Galiza, pero a corte real non o recoñeceu coma tal ata o 13 de febreiro de 1161. Ocupou as tenencias que tiña o seu pai: Aranga (1160–1161), Traba (1160–1161), Monterroso (1160–1163) e Trastámara (1161–1165), ata os catro simultaneamente (polo menos do 2 de xuño ao 20 de setembro de 1161). Apoiou con doazóns os mosteiros cistercienses de Sobrado (1162) e Monfero (1163). Que se coñeza, Fernando asinou a súa última carta o 26 de decembro de 1165. Existe unha carta datada por erro o 6 de xaneiro de 1165 pola que o seu irmán, Gómez González de Traba, fixo unha doazón a Xubia polo ben da súa alma. Non tiña muller nin fillos coñecidos.[1]

ob remedium anime patris mei et fratris mei iam defuncti comitis Fernandi Gundisaluit "polo remedio das almas do meu pai e irmán, o xa falecido conde Fernando González"

  1. Barton, Simon (1997). The Aristocracy in Twelfth-century León and Castile. Cambridge University Press. p. 238. ISBN 9780511585128.