Cabo de San Vicente
Tipo | cabo promontorio | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Portugal | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
O cabo de San Vicente (en portugués: Cabo de São Vicente) é un accidente xeográfico situado no extremo suroeste de Portugal, que marca o límite occidental do golfo de Cádiz. Atópase preto de Sagres, concello de Vila do Bispo. Era coñecido en tempos romanos como Promontorium Sacrum, lugar adicado ó deus Saturno.
No cabo hai unha antiga fortaleza visitable e un faro. En Lagos, a 25 quilómetros do cabo cara ó leste, o Infante Henrique, duque de Viseu estabeleceu a súa escola de navegación no século XV, impulsora dos grandes descubrimentos portugueses.
Dende o cabo é posible apreciar o paso de barcos que transitan entre o Mediterráneo e o norte de Europa.
Estrabón (-63 ou-64 – 23) ó describir a Península Ibérica, dixo del que «non era o punto máis occidental de Europa, senón de todo o mundo habitado».
Fronte a este cabo produciuse a coñecida como batalla do Cabo de San Vicente o 14 de febreiro de 1797, aínda que outras batallas anteriores tamén recibiron o mesmo nome.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabo de San Vicente |