Baz Luhrmann
Mark Anthony Luhrmann, nado en Sydney o 17 de setembro de 1962, é un actor, director, guionista e produtor de cinema australiano, coñecido como Baz Luhrmann. É amplamente considerado un dos máis destacados directores de cinema[1][2] e un exemplo contemporáneo dun autor polo seu estilo e fonda participación na escritura, dirección, deseño e compoñentes musicais de todas as súas obras.[3] É o director australiano con máis éxito comercial, con catro dos seus filmes entre os dez australianos con máis público de todos os tempos.[4][5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Luhrmann naceu en Nova Gales do Sur en 1962, fillo dunha mestra de danza e de Leonard Luhrmann, dono dunha gasolineira e dun cine., ran a petrol station and a movie theatre.[6] Luhrmann asistiu ao St. Joseph's Hasting Regional School, ao Port Macquarie de 1975 a 1978 e ao Sydney Grammar School. O seu alcume "Baz" recibiuno polo seu parecido con monicreque Basil Brush.
Tras unha discreta carreira como actor comezada na década de 1970, acadou sona internacional con producións de Hollywood na década de 1990. O seu primeiro éxito de público foi Strictly Ballroom (1993), con Paul Mercurio, Tara Morice e Bill Hinter. Tres anos máis tarde adaptou de forma novidosa e moderna con éxito de crítica e público a William Shakespeare en Romeo + Juliet (1996), con Leonardo DiCaprio e Claire Danes.[7] O seu seguinte filme, de maior éxito, foi Moulin Rouge! (2001) con Nicole Kidman e Ewan McGregor, un orixinal musical con cancións de The Beatles, Madonna, Elton John, Nirvana e Queen, entre otros. También realizou montaxes de ópera como La Bohème, así como anuncios publicitarios, sendo o máis coñecido o realizado para o perfume Chanel N° 5 xunto a Nicole Kidman.
En 2016 realizou a serie The Get Down para Netflix xunto ao guionista Shawn Ryan. A serie ambientábase no Bronx da década dos setenta e mostraba unha Nova York chea de mafias, música disco e grafitis. Asemade, aborda o nacemento do hip hop como resposta ao tortuoso estilo de vida ao que se vían sometidos as personaxes. En agosto de 2016 estreáronse os seis primeiros capítulos, mais en maio de 2017 anunciouse a fin da serie sen dar motivos para a cancelación.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Luhrman é bo amigo dos actores australianos Hugh Jackman e Nicole Kidman[8] e do escritor e actor Craig Pearce con quen traballou en Moulin Rouge!, Romeo + Juliet e Strictly Ballroom.[9]
O 26 de xaneiro de 1997 casou con Catherine Martin, que foi a deseñadora de produción de todos os seus filmes. O 10 de outubro de 2003 naceu a súa filla Lillian "Lilly" Amanda Luhrmann e o 8 de xuño de 2005 o seu fillo William Alexander Luhrmann.[10]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Director | Guionista | Produtor | Distribuidora |
---|---|---|---|---|---|
1992 | Strictly Ballroom | Si | Si | Non | Ronin Films |
1996 | Romeo + Juliet | Si | Si | Si | 20th Century Fox |
2001 | Moulin Rouge! | Si | Si | Si | |
2008 | Australia | Si | Si | Si | |
2013 | The Great Gatsby | Si | Si | Si | Warner Bros. Pictures |
2022 | Elvis | Si | Si | Si |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1]
- ↑ [2]
- ↑ Wallace, Amy (7 de febreiro de 2014). "Deep Inside Baz Luhrmann's Creative Chaos". The New York Times. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Top 10 grossing Australian films of all time". ABC News (Australia). 1 de agosto de 2015. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Australia's top 10 highest grossing films of all time". The New Daily. 30 de decembro de 2016. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Baz Luhrmann profile at". FilmReference.com.
- ↑ Romeo + Julieta de Baz Luhrmann: dos amantes de la generación-X de aciago destino (español)
- ↑ "Baz Lurhmann, Nicole Kidman and Hugh Jackman Picture". Arquivado dende o orixinal o 08/03/2016. Consultado o 25/08/2024.
- ↑ Baz Luhrmann and Craig Pearce Film Writers and Directors
- ↑ Baz Luhrmann Biography
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baz Luhrmann |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- 'Baz the Great!' - Baz LuhrmannArquivado 01 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
- Baz Luhrmann - TV.com
- Baz Luhrmann from Australia - at Film.com
- Baz Luhrmann Biography, Info
- Charlie Rose: Guests - Baz Lurhmann
- Baz Luhrmann
- Romeo and Juliet (1996)
- Baz Luhrmann and wife Catherine Martin Picture
- Baz Luhrmann with his childrens Lillian and William Luhrmann Picture
- Baz Luhrmann Picture